Home Pontevedra Soutomaior investirá 60.000 euros no Campo de Fútbol Muicipal de Soutomaior

Soutomaior investirá 60.000 euros no Campo de Fútbol Muicipal de Soutomaior

- Anuncio -

As actuacións consistirán na reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outra serie de melloras nas instalacións do recinto deportivo, todas elas consensuadas polo Goberno de Soutomaior coa directiva do C.D. Soutomaior

O Goberno de Soutomaior investirá 60.000 euros no campo de fútbol municipal ‘Graciano Padín’, na parroquia de Soutomaior. O concelleiro de Urbanismo, Pablo Garrido, explicou que estes 60.000 euros irán destinados á reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outra serie de melloras nas instalacións do campo. O concelleiro Pablo Garrido tamén sinalou que “estas actuacións foron consensuadas polo Goberno de Soutomaior e a directiva do C.D. Soutomaior, co obxectivo de cubrir as principais necesidades do recinto deportivo que a directiva nos trasladou e que nos atendemos”.

O Goberno de Soutomaior deseñou un proxecto para estas actuacións no campo de fútbol e presentouno ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra. O proxecto do Goberno de Soutomaior obtivo unha subvención de 60.000 euros, que agora serán investidos na campo para a súa mellora e que tanto os xogadores e xogadoras como o resto de membros do C.D. Soutomaior conten coas mellores instalacións deportivas posibles.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “esta actuación trátase dun gran investimento na parroquia de Soutomaior. Son 60.000 euros que se dedicarán a mellorar o campo do Soutomaior, a través dun proxecto serio e eficiente. Con estas actuacións damos resposta ás necesidades que nos traslada a directiva do C.D. Soutomaior, co que levamos meses mantendo unha comunicación fluída. Nos vindeiros meses poderemos ver como as instalacións do campo de fútbol municipal dan un salto cara a adiante grazas ao proxecto de mellora impulsado polo Goberno de Soutomaior”.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas