Un autobús volve conectar Tui con praia América este verán

Redacción

Sae ás 12 h da parada da rúa Ourense e regresa as 19 h dende a parada da rúa Rans

Un verán máis Tui conta con conexión directa coa praia. Dende o pasado 1 de xullo e até o 31 de agosto, un autobús realiza diariamente a ruta entre Tui e Praia América, facilitando así á veciñanza desprazarse ata este areeiro.

O autobús sae cada día ás 12 h da parada da rúa Ourense en Tui, e regresa ás 19 h dende a parada da rúa Rans en Praia América. O servizo é prestado pola empresa Lugove.

Comparte este artigo