Un Pleno Extraordinario que constata a ineficacia do PP

adminON
Lectura mínima de 1

O PP de Poio convoca un pleno extraordinario coa escusa de aprobar as alegacións consensuadas contra o proxecto eólico do Monte Castrove, e faino nun pleno extraordinario celebrado ás 9h da mañá, o cal non facilita a participación dos colectivos.

Ao PP úrxelle poder convocar un Pleno extraordinario para poder subsanar os repetidos erros que comenten cando tramitan os expedientes dado a incapacidad do seu equipo. Unha incidencia que se repite en cada Pleno e Comisión.

Neste pleno, queda constatado as incoherencias e continuos enredos do PP de Poio, aproban un recoñecemento  extraxudicial de facturas onde 100. 000 euros foron para festas que se fixeron sen partida orzamentaria, e o resto da partida de facturas, un total de 345.472 foron emitidas e encargadas polo Goberno de Moldes. Só 13.000 euros pertencen ao anterior mandato. Dende o BNG pedimos  a rectificación pública das declaracións de Angel Moldes, que  culpaba ao ao anterior Goberno da totalidade das facturas, a través da súa asesora de prensa, mal usando as redes públicas do Concello para atacar á oposición vertendo calumnias e manipulando a información para xustificar as súas incoherencias.

Comparte este artigo