Home Pontevedra A Lama Unha vintena de comparsas e grupos de máis de 1000 persoas disfrazadas...

Unha vintena de comparsas e grupos de máis de 1000 persoas disfrazadas convertirán o centro da vila da Lama nun auténtico sambódromo

- Anuncio -

Haberá premios en metálicos por categorías e ao rematar o desfile o público asistente poderá degustar chocolate con churros mentras agardan polo fallo do xurado e bailarán a ritmo de 3.COM e un DJ.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello da Lama pechou o proceso de inscrición no desfile e concurso de disfraces que terá lugar o sábado 17 de febreiro, a partir das 17 horas, e que percorrerá as principais rúas do centro da vila no que participará unha vintena de comparsas e grupos sobrepasando a cifra das 1.000 persoas disfrazadas.

Durante a celebración do entroido na Lama volverase reivindicar novamente a figura do Conde Cabanelas, emigrante galego natural de Covelo, que impulsou e popularizou e a saída á rúa do famoso Carnaval de Río de Janeiro.

Entre os participantes no desfile deste ano estarán as comparsas 100Tolos, Os Canecos, Os da Caña, As Flores do Carnaval, Os Paparrulos, As Sonecas, Os Miudos, Os Solfamidas e este ano incorpórase a este elenco do entroido Os Retrincos. Estas agrupacións ofrecerán música en directo ao seu paso e darán esplendor, bo humor e colorido a unha cabalgata que tamén contará con carrozas, grupos e disfraces de parellas e individuais, ademais dunha ampla representación infantil a cargo dos nenos e nenas do municipio.

Así mesmo, coa intención de incentivar a participación de grupos da comarca de O Verdugo-Oitavén, habilitáronse no concurso dúas categorías: local e visitante, dotadas con suculentos premios por igual para favorecer a asistencia e a compensación en premios para os mellores disfraces. Por local a organización entende aqueles participantes domiciliados nos municipios de Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes e A Lama.

Os premios do desfile aos que se poderán optar son os seguintes:

a) Comparsas:

1º Premio……………Trofeo e diploma como Raíña do Entroido.

2º Premio……………………………….Trofeo e diploma do 2º Posto.

3º Premio…………….Trofeo e diploma acreditativo do 3º Posto.

b) Grupos:

1º Local…………200 euros. 1º Visitante……..…..200 euros.

2º Local……….150 euros. 2º Visitante………….150 euros.

3º Local………..100 euros. 3º Visitante……….….100 euros.

c) Individuais/Parellas

1º Premio único…………………………………..75 euros.

2º Premio único…………………………………..50 euros.

3º Premio único…………………………………..30 euros.

d) Agrupación Infantil

Único premio…………………………………….50 euros.

Así mesmo, a organización poderá deixar deserto calquera dos premios previstos en función de que se considere que ningún dos participantes reúne méritos suficientes para poder levarllo.

O xurado será independente da organización e do Concello da Lama e estará formado por persoas pertencentes ao tecido asociativo deste municipio. O fallo do xurado será inapelable e será emitido ao final do percorrido do desfile, durante o baile de disfraces que estará amenizado polo coñecido conxunto musical 3.COM e un Dj.

A organización terá potestade para eliminar do concurso a calquera participante que vulnere o espírito do entroido ou que atente contra calquera dos dereitos humanos universalmente recoñecidos, tamén estará prohibido desfilar con animais de todo tipo e utilizar material pirotécnico, bengalas, petardos, etc. así como todos aqueles elementos que poidan ser considerados perigosos para o desenrolo desta actividade tanto para participantes como para espectadores.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas