Home Pontevedra Deza Vila de Cruces aposta pola igualdade de Xénero

Vila de Cruces aposta pola igualdade de Xénero

- Anuncio -

• Mireya Otero púxose en contacto estes días cos centros educativos, para acordar con eles cando se impartiran as charlas de concienciación os alumnos

O concello de Vila de Cruces comezará en breve a impartir cursos de concienciación na Igualdade de Xénero, para elo a concelleira Mireya Otero, xa se puxo en contacto cos centros educativos da Vila onde se ten previsto dar algunhas de esas charlas.

Estas charlas estarán dirixidas por exemplo, o alumnado de 3º e 4º de Secundaria do IES Marco do Camballón co título “NAVEGA EN POSITIVO” programa para o emprego responsable das redes sociais desde unha perspectiva de xénero, será un obradoiro de dúas sesións que terá 1 hora de duración cada un dos grupos participantes. E o o alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Marco do Camballón co título “AS CARAS DO MALTRATO” un obradoiro sobre a violencia de xénero, nunha única sesión de 2 horas con cada un dos cursos e grupos participantes.

Tamén se impartirán os alumnos de 3º a 6º de Educación Primaria nos dous centros educativos do Concello o CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade e CEIP Cerdeiriñas, co título “NA CASA, TOD@S IGUAIS” xincana da corresponsabilidade, un obradoiro onde se traballará o concepto de corresponsabilidade e estarán estruturados en dúas sesións de 1 hora de duración para cada curso.

Impartirase dentro deste Plan un ciclo de charlas sobre a Igualdade e violencia de xénero dirixidas ao tecido asociativo, nas cales entrarían as asociación de empresarios/as, asociacións deportivas, ANPAS e familias en xeral co título “PONTE NA SÚA PEL” con unha duración de 2 horas cada unha segundo o colectivo ao que van dirixidas.

Co título “COIDATE MULLER” ofrecese un ciclo de charlas sobre a saúde feminina, unhas charlas dirixidas especificamente a mulleres, dividido en 4 charlas de 2 horas de duración cada unha, coas seguintes temáticas;
“Como detectar e/ ou previr demencias”
“Sexualidade e muller”
“Alimentación saudable para mulleres”
“O poder das emocións positivas”

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas