Volve o outono a Arbo con actividades e tradicións

adminON
Lectura mínima de 3
  • As actividades levaranse a cabo durante os meses de outubro e novembro, e son todos gratuítos.
  • Recoñecementos, degustación de produtos do mar, samaín, música, magosto e moitas outras actividades para tódolos públicos.

Un ano máis o Concello de Arbo, organiza o outono cultural, que chega repleto de maxia, teatro e música para facer deste outono unha tempada repleta de actividades deseñadas para todas as idades. Os espectáculos comezarán o próximo 12 de outubro, desenvolveranse ata o 23 de novembro, e os arbenses e visitantes poderán gozar de actividades gratuítas en varios espazos do municipio.

OUTUBRO

As actividades arrancan coa Festa da Colleita de Sela os días 11 e 12 de outubro, organizada pola A.C Virxe do Carme de Sela. O Concello ten un acto público programada para o día 12, donde se descubrira a placa conmemorativa colocada na Feira, EN RECOÑECEMENTO aos promotores, organizadores e colaboradores da Festa da Colleita e aos veciños e veciñas de Sela por ser capaces de manter vivas as tradicións da Vila de Arbo durante 50 anos.

O Día 19 de outubro, terá lugar na Praza do Mercado a actividade GALICIA SABE AMAR da Xunta de Galicia, donde dende ás 9:00h ata ás 15:00horas, se ofrecerán degustación gratuitas de petiscos preparados con productos do mar galego.

E para os máis cativos ó 31 DE OUTUBRO de 17:00 horas a 20:00 horas terá lugar a FESTA DE SAMAÍN no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo

NOVEMBRO

O 3 de novembro, a Praza do Concello acollerá, o VIII MAGOSTO POPULAR a partires das 17:00horas, con castañas e chourizo gratis para todos os presentes, amenizado con música popular.

O 16 de novembro a Banda de Música de Arbo, honra a súa patrona co tradicional “CONCERTO DE SANTA CECILIA”.

O Programa remata no auditorio do Centro Múltiusos de Arbo e o 23, coa obra de teatro da Asociación Evaristo de Sela, que nos fará pasar unha tarde de risas, coa obra Tres

No primeiro trimestre do curso van realizar no CEIP ANTONIO CARPINTEIRO as seguintes actividades: Taller de reforzo da personalidade para 3º de Primaria pola Asociación *Érguete e Obradoiro Afectivo-Sexual para 5º e 6º de Primaria pola Empresa Talentea

O alcalde, Horacio Gil, anima a todos os veciños do noso Concello, así como os dos Concellos limítrofes e de Portugal, a participar nas actividades dun programa único na zona. Así mesmo, convida a que se animen e visiten Arbo neste outono, unha oportunidade para contemplar unha paisaxe que nesta época vólvese espectacular, non só nos campos e viñedos, senón tamén nos parques, carreiros… É unha boa época para descubrir Arbo, a súa gastronomía e as súas belezas naturais.

Comparte este artigo