Home Pontevedra O Teatro espontáneo levanta o pano esta tarde o Mercado

O Teatro espontáneo levanta o pano esta tarde o Mercado

- Anuncio -

A actividade está promovida pola Concellaría de Benestar Social e a asociación Inzar. É de acceso libre. É un obradoiro mensual, de dúas sesións de hora e media -adestramento e actuación- que se desenvolven o terceiro e cuarto xoves do mes.

O Teatro espontáneo levantará o pano no gastroespazo do Mercado esta tarde a partir das 20 horas. Trátase dunha interpretación sen guión previo, no que os actores e actrices, autores e público interactúan e constrúen un relato colectivo.

Liberdade, creatividade e convivencia danse a man no Teatro espontáneo, unha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Social que dirixe Anabel Gulías, en colaboración coa asociación Inzar, posta en marcha o pasado febreiro como fin de xerar espazos de encontro, de reflexión e crecemento persoal, social e comunitario.

O Teatro espontáneo busca crear condicións para que as persoas poidan expresarse con liberdade, dicir o que queiran, reflexionar sobre os temas que lle interesan ou inquietan, debater sen confrontación, buscar respostas e transitar cara a unha creación colectiva.
Este obradoiro unha actividade mensual que se desenvolve en dúas sesións de hora e media, en dos xoves consecutivos.

O terceiro xoves de cada mes celébrase unha sesión de adestramento en técnicas de escenificación, improvisación e teatro espontáneo na Casa Azul, en horario de 19.30 a 21.30 horas. É unha actividade aberta polo que para participar só hai que acudir, non é necesario inscribirse.

Unha semana máis tarde, o cuarto xoves do mes, o gastro-espazo do Mercado acolle unha representación pública deste teatro de improvisación, en horario de 20.00 a 21.30 horas.
Malia non ser, en termos rigorosos, un produto artístico nin un recurso terapéutico o teatro espontáneo é unha ferramenta de resolución de conflitos, unha intervención social que fomenta o diálogo social respectando a diversidade, fortalece o desenvolvemento humano e a conciencia cívica, ademaís de incentivar a participación social activa

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas