Home Xunta de Galicia A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta...

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu papel vital na conservación e coidado dos espazos fluviais galegos

- Anuncio -
  • Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica deportiva
  • Ángeles Vázquez destaca que estas colaboracións permiten preservar o patrimonio natural da comunidade mediante o desenvolvemento de, entre outras, accións en defensa da fauna silvestre e de erradicación de especies exóticas invasoras
  • O Executivo galego enviará de oficio nos vindeiros días a renovación das licencias de pesca continental a máis de 20.400 afeccionados que superan ou están a punto de cumprir os 65 anos, ao tempo que ese permisos pasan a ter carácter indefinido

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asinou hoxe dous dos 62 convenios de colaboración que a Xunta firma este ano con entidades de pesca fluvial co de fin promover labores de conservación e limpeza dos ríos da súa área de influencia e fomentar esta práctica deportiva entre a xente nova, para impulsar a remuda xeracional.

A responsable autonómica salientou que este tipo de acordos -neste caso coa Sociedade Deportiva Río Ulla e coa Sociedade de Pesca Río Vea- son cruciais para velar polo coidado das contornas fluviais e garantir o bo estado duns espazos naturais ricos en biodiversidade. Neste sentido, aclarou que dos 62 acordos deste ano, dez corresponden á provincia de Pontevedra.

Ángeles Vázquez explicou ademais que os convenios, que terán vixencia ata decembro de 2028, prevén a realización de actividades como traballos de mantemento e limpeza das marxes dos ríos antes, durante e despois da tempada de pesca, labores de vixilancia nos coutos da súa área de influencia, a sinalización de tramos de pesca, o coidado de sendas, accesos e postos de pesca ou a realización de actividades como concursos ou actividades coas que promover esta práctica entre a cidadanía.

Este tipo de protocolos tamén adoitan incluír, entre outras actuacións, a celebración de xornadas para a erradicación de especies exóticas invasoras, actividades para potenciar a protección da fauna ictícola e do medio natural e accións como a colaboración na elaboración de mostraxes e inventarios.

A conselleira agradeceu a ambas sociedades de pesca, e ao conxunto das existentes en Galicia, o labor que realizan a prol da protección e coidado do patrimonio natural da comunidade. O seu traballo, incidiu, é fundamental para manter en bo estado os ríos e gozar deles con actividades como a pesca continental -a tempada comezará nas vindeiras semanas- ou paseos pola súa contorna desfrutando da paisaxe.

Remisión licenzas

A responsable autonómica tamén anunciou que a Xunta vai enviar de oficio este ano a renovación das licenzas de pesca continental a todas as persoas titulares que superen ou estean a punto de cumprir os 65 anos ao tempo que declara o carácter indefinido destes permisos, polo que non será necesario renovalos no futuro.

A remisión destes documentos, que comezará nos próximos días mediante correo postal e que se manterá nos vindeiros anos para aquelas persoas que vaian cumprindo esa idade, beneficia este ano a máis de 20.400 titulares de licencias de pesca continental.

Esta medida enmárcase no Plan de mellora dos servizos públicos do Executivo galego para simplificar e axilizar algúns dos trámites administrativos máis demandados pola cidadanía, anticipándose ás súas necesidades ou reducindo a documentación que é preciso aportar para acceder a certos servizos.

Nesta liña, Ángeles Vázquez puxo en valor que os afeccionados á pesca fluvial teñen en Galicia un lugar privilexiado pois cada tempada de pesca adoita incluír arredor de 14.000 quilómetros de río, uns 150 coutos e a posibilidade de practicar a pesca en distintas modalidades, con morte ou sen morte, e dirixida a diferentes especies como poder ser a troita, o salmón ou o reo.

Relacionadas

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co...

0
_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

A Xunta renova o convenio de colaboración cos colexios de graduados sociais de...

0
A iniciativa, que se vén desenvolvendo desde 2021, busca resolver dúbidas e achegar información e asesoramento personalizado en materia de relacións laboraisO servizo seguirá...

Publicacións Relacionadas