A Xunta destaca a aposta formativa e dinamizadora do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín tras ser premiada en 2025 en 2025 a súa campaña extraordinaria

Redacción

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á clausura da xornada formativa IA aplicada ao comercio local organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e apoiada pola Xunta. Alí, puxo de relevo esta formación desenvolvida esta semana, así como a que terá lugar a final de mes centrada nas redes sociais. Ao tempo, destacou a súa campaña Comercio e letras, que permite á clientela de Marín rexistrar as súas compras deica o próximo luns 18 de maio para participar no sorteo dunha tarxeta regalo de 50 euros. 

Alén recordou que a orde autonómica deste 2026 dirixida aos centros comerciais abertos busca reforzar a súa excelencia e capacidade de dinamización a través de iniciativas coma estas. No marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, fixo fincapé en que se volverán premiar con 20.000 euros as cinco mellores propostas de dinamización extraordinarias, como resultou beneficiaria o ano pasado O Escaparate Estrela, centrada nunha mostra representativa dos produtos e servizos do comercio local de Marín. Nesa liña, aproveitou para salientar tamén a mención honorífica que vén de recibir a Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín nos Premios Nacionais de Comercio Interior, na categoría de centros comerciais abertos.

Comparte este artigo