Home Xunta de Galicia A Xunta participa na presentación de "O Son do Camiño" que reunirá...

A Xunta participa na presentación de “O Son do Camiño” que reunirá a vindeira semana no Monte do Gozo a público procedente de 35 países

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia , Nava Castro, participou hoxe na presentación onde destacou que Galicia volve ser referente musical nesta nova edición do Son do Camiño que conta co cartel de artistas máis grande da súa historias


 O festival celebra a súa 4ª edición os vindeiros 15,16 e 17 de xuño, no marco dos concertos do Xacobeo, nunha edición que espera acadar 120.000 asistentes


 Contará coas actuacións de Vetusta Mora, The Kooks, Xoel López, Leiva, Viva Suecia, Marlon, Duki, Ginebras, Bizarrap, Aitana o Maluma, entre outros

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na presentación dos concertos de O Son do Camiño que reunirá no Monte do Gozo a 42 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 15,16 e 17 de xuño, onde destacou que o festival ten vendido entradas a público procedente de 35 países.

Así o deron a coñecer hoxe Nava Castro xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e os directores do Festival, Kin Martinez e Iván Méndez; e o marketing manager de Estrella Galicia, Ramón de Meer. A directora de Turismo de Galicia indicou que “estar hoxe aquí na presentación dun dos festivais máis grandes e máis esperados de todo o ano, que ademais este ano contará coa asistencia con 120.000 persoas, é un auténtico orgullo para min, para Galicia e para os galegos e galegas”.

Nava Castro indicou que O Son do Camiño converteuse nun emblema e un sinal de identidade dos festivais en Galicia, que son ademais un puntal na recuperación tanto do sector cultural como do turístico, xa que nestas datas miles de persoas enchen a capital galega e posicionan a Galicia como sinónimo de calidade. “Desfrutaremos da mellor música co mellor ambiente e un entorno mítico e incomparable: o Monte do Gozo”, destacou a directora de Turismo de Galicia.

Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán. O Son do Camiño contará coas actuación de Vetusta Mora, The Kooks, Xoel López, Leiva, Viva Suecia, Marlon, Duki, Ginebras, Bizarrap, Aitana o Maluma, entre outros.

“Mediante este tipo de celebracións, dicímoslle a España e ao mundo, que Galicia, a nosa terra, está preparada para o turismo a través dunha oferta cultural sen parangón, que o Camiño a Santiago é o Camiño da excelencia”, rematou Nava Castro que indicou que no que vai de ano xa foron seladas preto de 130.0000 106.000 Compostelas, e máis de 1.3 millón de turistas visitaron a nosa comunidade no primeiro cuadrimestre do ano.

Relacionadas

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

A Xunta promove a linguaxe inclusiva dentro do seu Campus formativo a prol da...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou esta tarde en Ourense a xornada ‘A necesidade da linguaxe inclusiva para...

A Xunta e Renfe celebran o Día das letras galegas difundindo a imaxe de...

0
— Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura da escritora, música e docente coruñesa — As estacións de Renfe exporán...

Publicacións Relacionadas