HomeO CondadoMondariz BalnearioO Plan de Turismo Termal de Galicia bota a andar promovendo o...

O Plan de Turismo Termal de Galicia bota a andar promovendo o termalismo entre o alumnado da Universidade de Vigo

- Anuncio -spot_img

Os estudantes puideron comprobar a potencialidade empresarial e de servizos deste recurso turístico galego

O Plan de Turismo Termal de Galicia botou a andar este xoves cunha visita ao Balneario de Mondariz dunha representación de estudantes do Grao de Turismo, do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo interior e de Saúde e do Programa universitario para o emprego e a ida autónoma da Universidade de Vigo co fin de coñecer o termalismo e a experiencia empresarial no marco deste potencial turístico de Galicia.

A responsable da Área Termal de Turismo de Galicia, Belén Gómez Quevedo, acompañou ao grupo en todo momento ao establecemento de Mondariz que forma parte da oferta de balnearios e centros de talasoterapia en Galicia. Con esta acción, búscase poñer en valor a riqueza da comunidade en augas minero-medicinais como opción turismo de saúde e benestar.

A visita comezou cunha recepción no Balneario de Mondariz por parte da directora de comunicación do complexo, Amalia Gallego. Posteriormente, o grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense puido acceder ás instalacións do Palacio da Auga, para coñecer así a oferta de servicios que compoñen a súa carta. O espazo, de máis de 3.000 m2, consta dunha piscina con distintas áreas de hidromasaxe e relax, así como de saunas, jacuzzis, sala de pediluvios e unha poza de auga quente no exterior.

A iniciativa forma parte do Plan de Turismo Termal de Galicia  e está pensada para favorecer o recoñecemento doutros recursos asociados á proposta de turismo de benestar e sostible. É o caso da valoración da auga como fonte xeradora de riqueza e emprego na comunidade. Nesta mesma liña, cabe destacar o fomento do respecto polo medio, que na visita amósase a través da reciclaxe dos produtos e vestimentas empregados e, na medida do posible, da elección de materiais que non deixen residuo.

O Plan de Turismo Termal de Galicia busca, entre outros obxectivos, posicionar á comunidade como destino de referencia nesta modalidade turística.

Publicacións Relacionadas