Home Pontevedra A Paradanta Un total de 9 empresas presentan as súas ofertas para executar as...

Un total de 9 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de o acondicionamento da antiga PO-400, no concello de Arbo, cun investimento de case 1,3 M€

- Anuncio -

― As obras, cun prazo de execución de 6 meses, executaranse en 2 fases, comezando polo acondicionamento do tramo antigo da vía e continuando coa mellora da intersección coa PO-400, para dispoñer unha glorieta


― Rehabilitarase o firme, executaranse beirarrúas e sendas nos tramos urbanos e acondicionaranse os cruces


― Habilitarase un carril de parada de autobús, coa colocación dun refuxio, ademais dunha zona de aparcadoiro, e mellorarase a seguridade peonil no antigo trazado da PO-400, coa construción dun itinerario cun ancho de 1,80 metros


― A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria co fin de reforzar a seguridade e a comodidade nos desprazamentos dos usuarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de 9 ofertas de empresas para executar as obras de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo, e que terán un investimento total de case 1,3M€.

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 6 meses, dividiranse en dúas fases: unha primeira de acondicionamento do treito antigo da PO-400, e unha segunda de mellora da intersección co actual trazado da estrada, para construír unha glorieta.
O departamento de Infraestruturas da Xunta levará a cabo a rehabilitación do firme e a execución de beirarrúas e sendas nos treitos urbanos, así como o acondicionamento das interseccións inicial e final da estrada e a creación dunha rotonda na contorna do punto quilométrico 24 da estrada actual.

O proxecto inclúe a execución dun novo tramo de conexión desde a antiga estrada ata a citada glorieta do quilómetro 24, así como o acondicionamento do acceso á glorieta prevista desde a estrada que discorre en dirección ao núcleo do Picoto.

Executarase, ademais, un carril de parada de autobús e colocarase un refuxio no punto quilométrico 24+240 da PO‐400, xunto coa construción dunha zona de aparcadoiro entre os puntos quilométricos 1+250 e 1+300 da estrada PO‐400A.

Tamén se mellorará a seguridade peonil no antigo trazado da PO‐400 cun itinerario de 1,80 metros de ancho, incluído bordo, e unha rígola de 0,30 metros entre a estrada e o dito bordo, na maioría do seu trazado.
As actuacións financiaranse con fondos europeos REACT-EU, de resposta fronte á pandemia da covid-19.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando no mantemento e mellora da rede viaria autonómica co fin de reforzar a seguridade e a comodidade nos desprazamentos, sendo os peóns os usuarios máis vulnerables das estradas.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

O Concello de Tomiño solicita á FEGAMP que convoque unha reunión urxente entre a...

0
A alcaldesa de Tomiño apela a colaboración institucional para dar unha solución a unha problemática que pon en risco o modelo de convivencia entre...

Publicacións Relacionadas