Home Xunta de Galicia Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de...

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de “Escola Verde” para fomentar actitudes responsables co medio ambiente

- Anuncio -

— Cada colexio escolle unha temática relacionada co medio ambiente sobre a que traballar, con propostas tan innovadoras como a do IES Valga sobre a arquitectura bioclimática

— No curso 2021-2022 oito centros cooperan por primeira vez, mentres que o CEIP Refoxos (Oia) e CEIP Plurilingüe Nº1 (Tui) repiten experiencia

A Xunta desenvolve unha nova edición do programa educativo Escola Verde, impulsado por MeteoGalicia, que neste curso acollerá a participación dun total de dez centros de ensino. O programa arrancou cunha xornada formativa telemática dirixida aos 110 profesores que se encargarán desta iniciativa, que chegará a máis de 1.400 alumnos dos centros participantes.

Trátase dun programa que ten por obxectivo acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente en todos os aspectos do eido escolar. Así, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar, para concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza desde as idades máis temperás. Entre as propostas destacan temas tan innovadores como a arquitectura bioclimática e a súa importancia como sumidoiro de CO2, presentada polo IES Valga.

Na edición de 2021-2022 están inscritos centros de educación infantil, primaria e secundaria de todas as provincias, e destacan o CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense, que participa nas tres etapas educativas; así como o CEIP Refoxos, de Oia, e o CEIP Plurilingüe Nº1, de Tui, que repiten experiencia.

Escola Verde —xunto con MeteoEscolas- é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial.

Na táboa indícanse os centros de ensino participantes, así como a temática de traballo proposta.

Centro educativoConcelloTemática
1CEIP RefoxosOiaEscola sustentable
2CEIP Plurilingüe Nº1TuiEscola sustentable
3CEIP de Atín-CelaO PorriñoObradoiro de costura
4IES de ValgaValgaArquitectura bioclimática como sumidoiro de CO2
5CEIP Emilia Pardo BazánVigoHorta e insectos
6CPR Plurilingüe Divina PastoraOurenseXogos Ecolímpicos
7CEIP Plurilingüe O RuxidoiroBarbadásEscola sustentable
8IES Nosa Señora dos Ollos GrandesLugoPlantas aromáticas e insectos
9CEIP A RamallosaTeoEscola sustentable
10IES Saturnino MontojoFerrolHorta

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas