Home O Ribeiro Castrelo de Miño A Xunta reforza cunha moto acuática o equipamento da Agrupación de Voluntarios...

A Xunta reforza cunha moto acuática o equipamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega do novo vehículo, dotado con case 18.000 euros


― O investimento do Goberno galego nos últimos anos en material cedido aos servizos de emerxencias dos concellos galegos achégase aos 20M€, máis de 11M€ para as agrupacións de Protección Civil

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixo entrega esta mañá dunha moto acuática á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Castrelo de Miño para reforzar o seu equipamento.
A Xunta leva destinados máis de 109.600 euros a o funcionamento desta agrupación, dos que máis de 90.500 euros se corresponden coa entrega de material de emerxencias como unha embarcación, un remolque de emerxencias, un vehículo pick-up, un desfibrilador, unha pértega e un traxe para intervencións en niños de vespa velutina, terminais tetra con GPS e a moto acuática entregada hoxe e dotado con case 18.000 euros.
O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar de material de emerxencias dos servizos de emerxencias dos concellos galegos, pese a tratarse dunha competencia de carácter local, achégase aos 20 millóns de euros, máis de 11 millóns de euros para as 234 AVPC da comunidade e 8 millóns para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), aos que a Xunta tamén apoia financiando máis da metade do seu custo de funcionamento.
Deste xeito, o ano pasado, no marco da orde de axudas para reforzar o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, a Xunta destinou máis de 1 millón de euros á adquisición de 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, 6 remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, 8 coitelas para a retirada de neve e oito esparexedores de sal.
Nos últimos anos cedéronse máis de 200 vehículos todocamiño e 179 remolques de emerxencias, ademais de material específico como coitelas quitaneves e esparexedores de sal nos concellos de montaña incluidos no Plan de Protección Civil ante o Risco de Nevaradas en Galicia (Plan Nega) ou motos acuáticas e embarcacións nos municipios costeiros ou con encoros onde se practican actividades de recreo adheridos ao Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga).
Cómpre lembrar que o pasado novembro publicouse a revisión do Sapraga, que ten como obxectivo principal garantir a cobertura das emerxencias nas zonas de baño da comunidade. O plan actívase con carácter estacional durante a época estival, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro e a súa adhesión é de carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde.
Santiago Villanueva lembrou que, ademais dos case 20 millóns de euros investidos no equipamento das AVPC e os GES, a Xunta leva destinados outros 4,4 millóns a través da orde anual para financiar os gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios, ás que agradeceu o seu traballo altruísta para velar pola seguridade da cidadanía ofrecendo unha colaboración fundamental aos servizos de emerxencias.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas