Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán esgota na primeira xornada de FITUR as 200...

O concello de Nigrán esgota na primeira xornada de FITUR as 200 guías levas á feira

- Anuncio -

A edil de Turismo, Cristina Dosil, acudíu ao evento para representar ao municipio no stand de Galicia

O libro está pendurado tamén na web municipal en formato pdf para que o poida descargar calquera persoa interesada en coñecer a Historia, tradicións e curiosidades do municipio

O Concello de Nigrán esgotou na súa primeira mañá en FITUR os 200 exemplares da nova guía promocional do municipio levados á Feira Internacional de Turismo. Cristina Dosil, edil de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá, que acudíu ao evento para representar á localidade no stand de Galicia, destacou a espectacular acollida deste libro que releva definitivamente a todo o material anterior ao ofrecer un contido actualizado e acorde ao lema estreado no ano 2021 ‘Nigrán, Equilibrio Natural’. “Moita xente xa escoitara falar de que contiña receitas tradicionais e moitas curiosidades, así que viñan ex-profeso a por ela”, destaca.

Uns primeiros exemplares de consulta estiveron xa dispoñibles nas Oficinas de Turismo de Panxón e Ramallosa, abertas os pasados meses grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra correspondente ao ano 2021 para contratar a dous técnicos. Agora os interesados poden descargala en PDF desde a web municipal www.nigran.es ou ben acudir a por ela á Oficina de Información Cidadá do Concello.

A través dun deseño innovador a cargo da artista local Anubys Muñoz e cunha información recompilada e elaborada polos servizos técnicos do Concello, os visitantes poderán descubrir nun único libro editado en papel reciclado o patrimonio natural e cultural de cada unha das sete parroquias e a súa Historia, roteiros, eventos, curiosidades e mesmo receitas típicas achegadas por recoñecidos veciños e veciñas. Ademais, a edición é trilingüe (galego, castelá e inglés) e cada exemplar (en formato pequeno de medio folio para resultar máis manexable) está contido nunha carpeta xunto con mapas parroquiais cos puntos de interese.

Esta recente edición permite incorporar novidades como o mural da artista Lula Goce en Panxón, a nova Biblioteca Municipal, o Bosque da Memoria ou o monumento a Milladoiro en Chandebrito, o miradoiro do ‘Pericoto do Vilar’ en Camos, a cervexa ‘Nigrán, Equilibrio Natural’, a posibilidade de seguir roteiros de senderismo a través da aplicación Wikiloc ou mediante códigos QR, etc. Ademais, a guía ofrece desde a típica información relativa a hospedaxes e restaurantes, transportes ou principais eventos a outra máis curiosa como un ‘metrominuto’ de distancias en tempo a pé aos puntos de interese do municipio ou apartados específicos de surf, praias e do Camiño Portugués pola Costa.

“En definitiva, a guía deixa patente que en Nigrán temos unha riqueza natural inmensa, onde non hai que elixir entre mar e montaña, cidade ou vila, soidade ou xentío, porque o reunimos todo nas nosas 7 parroquias”, resume o rexedor, Juan González.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas