Home Baixo Miño A Guarda As mulleres do Camiño Portugués, protagonistas en FITUR da man do Xeodestino...

As mulleres do Camiño Portugués, protagonistas en FITUR da man do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

- Anuncio -

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño regresou por terceiro ano consecutivo a FITUR para seguir dado a coñecer o territorio dos seus 14 concellos e todos os aspectos que os definen e os unen. Este ano o Xeodestino pon en marcha unha campaña que cede o protagonismo ás ‘Mulleres do Camiño Portugués’, unha orixinal proposta que conta coa narración coral de cinco mulleres vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo que contan en primeira persoa a importancia que ten para os municipios do Camiño de Santiago. Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda, dan voz a un atractivo que cada ano trae a miles de turistas ao xeodestino.

“O desenvolvemento sostible do turismo ligado ao Camiño Portugués ten unha importancia social, cultural e económica innegable no noso territorio. E elas son todas mulleres traballadoras que axudan a transformar e mellorar o noso atractivo turístico, por iso non podemos máis que darlles as grazas”, recordou durante a presentación no stand de Galicia en FITUR a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. A rexedora salientou no acto que “tecendo estratexias conxuntas somos mellores, máis eficientes e xeramos sinerxías que son imprescindibles para recoñecernos como un territorio común. Un territorio que tedes que coñecer. Non vos arrepentiredes”. O acto tamén contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, e de concelleiros dos municipios de Pazos de Borbén e Nigrán.

A nova campaña conta cun vídeo promocional no que todas as protagonistas, que coñecen e tratan con peregrinos e peregrinas no seu quefacer diario, contan a súa experiencia persoal e as vantaxes do territorio. O Camiño Portugués segue a medrar ano tras ano coa chegada de viaxeiros e viaxeiras que dende o aeroporto de Porto, principal vía de entrada, inician unha experiencia de calidade e unha viaxe para non esquecer.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas