Home O Ribeiro A Arnoia A Deputación colaborará co Concello de Arnoia para crear un albergue do...

A Deputación colaborará co Concello de Arnoia para crear un albergue do Camiño Miñoto Ribeiro

- Anuncio -

Na súa visita a Arnoia, Manuel Baltar tamén comprometeu ao rexedor deste municipio, Rodrigo Aparicio, o apoio da Deputación para organizar unha proba internacional de “paddle-surf”, humanizar o entorno da capela de San Mauro e mellorar a rede de saneamento en A Ponte

O presidente da Deputación resalta a importancia da cooperación cos concellos para impulsar actuacións para os veciños e impulsar o potencial deportivo e turístico da provincia: “Eventos coma a competición de ‘paddle surf’ encaixan na programación de eventos da Deputación, neste bicentenario no que queremos destacar as actividades deportivas vencelladas coa auga”

O alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, agradece a implicación da Deputación e avanza que “traballaremos arreo” para culminar estes proxectos

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse en Arnoia co alcalde deste municipio, Rodrigo Aparicio, avanzando a implicación da institución provincial en varios proxectos propostos polo rexedor e que están enfocados na mellora dos servizos públicos dos veciños e no impulso do potencial deportivo e turístico do municipio.

Manuel Baltar resalta a importancia da coordinación interadministrativa para progresar nestas actuacións municipais: “A cooperación entre Concello e Deputación permitirá desenrolar novas infraestruturas viarias, de abastecemento de auga, no eido turístico ou no deportivo”. Entre os proxectos que trasladou Rodrigo Aparicio a Manuel Baltar e que contarán co soporte da Deputación de Ourense destaca a reforma da antiga escola para convertela en albergue do Camiño Miñoto Ribeiro, dentro da estratexia de promoción desta ruta xacobea. Tamén a humanización do entorno da capela de San Mauro e a mellora na rede de saneamento en A Ponte.

Ademais, a Deputación colaborará coa organización dunha proba internacional de “paddle-surf”. “Impulsaremos a posta en marcha deste evento nas augas do Arnoia -sinala Manuel Baltar-. Unha competición integrada perfectamente na programación de eventos da Deputación, máxime nun ano como este no que celebramos o bicentenario da institución e que queremos poñer en releve as actividades deportivas vencelladas coa auga. Porque Ourense ten termalismo pero tamén unhas láminas de auga especiais para celebrar probas deportivas de primeiro nivel”. A Deputación tamén estudará a posibilidade de firmar un convenio de colaboración para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de A Queixeira. Este acordo estaría sufragado a partes iguais entre a institución provincial, Xunta de Galicia e Concello de Arnoia.

Despois do encontro de traballo, Manuel Baltar visitou en Arnoia as obras que se están realizando na rúa do Pazo co apoio económico da Deputación acompañado polo alcalde, Rodrigo Aparicio; o concelleiro Francisco Javier Sánchez e César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación e encargado dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro.

O alcalde, Rodrigo Aparicio, agradece o traballo da Deputación a prol dos concellos

O rexedor de Arnoia, Rodrigo Aparicio, valora a implicación da Deputación de Ourense no día a día dos concellos: “Sempre están pendente de todos os municipios da provincia. Traballaremos arreo para que estes proxectos relativos a infraestruturas viarias, culturais ou deportivas salgan adiante. Agradecemos que Manuel Baltar sempre estea pendente de escoitar as demandas dos concellos do rural para despois levalas á realidade”.

Relacionadas

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 760.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 635.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 630.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 520.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 1,4 M € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e...

0
A institución provincial destinará 1,18 M € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos...

A Deputación organiza en maio no Museo de Pontevedra un curso de audicións comentadas...

0
A profesora Sara Domínguez Lloria dedicará cada mércores a unha obra destacada de grandes compositores: Saint-Saëns, Ravel, Mussorgsky e Rimski-Kórsakov A Deputación de Pontevedra organiza...

Publicacións Relacionadas