Home Pontevedra O concello de Soutomaior reformúlase a localización do novo Skate Park ante...

O concello de Soutomaior reformúlase a localización do novo Skate Park ante o atraso do permiso de Costas

- Anuncio -
  • O goberno local solicitou a autorización o 5 de febreiro do ano pasado e segue sen obter resposta a pesar do informe previo favorable
  • O atraso da Dirección Xeral da Costa e o Mar á hora de outorgar os permisos necesarios para realizar actuacións no Peirao de Arcade está a supoñer un grave prexuízo para os plans de mellora do Concello de Soutomaior nesta zona. Tanto é así, que desde o goberno local están a reformularse trasladar o skate park proxectado e situalo noutra zona “menos optima, pero na que polo menos poderá saír adiante”, explicou o alcalde, Agustín Reguera.
  • Así, o rexedor sinalou que a solicitude de permiso para a instalación do novo skate park remitiuse ao Servizo Provincial de Costas o 5 de febreiro do 2021 e que este organismo informou favorablemente 10 días máis tarde, polo que remitiu a autorización á Dirección Xeral para a súa aprobación definitiva, aínda pendente. “Son máis de 15 meses esperando por unha aprobación que eles mesmos recoñecen que non modifica a concesión porque o novo skate park vai no lugar do actual”, explicou Reguera, que cualificou o prazo como “inadmisible. Non se pode esperar case ano e medio para poder facer unha mellora, é un atraso intolerable que ao final acaban pagando os veciños”.
  • Desde o goberno local están a comezar a sopesar outras posibles localizacións para situar o skate park, e, aínda que as dimensións do recinto non son fáciles de encaixar nos espazos públicos actuais, móstranse decididos a sacar o proxecto adiante. “Foi unha promesa ás decenas de mozas que practican os seus deportes preferidos no parque actual”, lembrou Reguera, destacando que “o Peirao é o sitio perfecto, pero se non é alí será noutro sitio”, concluíu o rexedor.
  • Do mesmo xeito, a dilatación dos prazos da Dirección Xeral da Costa e o Mar, tamén está a atrasar a mellora de seguridade viaria que o Concello de Soutomaior ten prevista para os accesos e o aparcamento. A solicitude do permiso para esta actuación realizouse o pasado 8 de setembro, co que o atraso na autorización alcanza xa os oito meses.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas