Home Deputacións Deputación Pontevedra SmartPeme imparte esta semana seis novas accións formativas

SmartPeme imparte esta semana seis novas accións formativas

- Anuncio -

O programa de asesoramento tecnolóxico ofrece cursos de Google Adwords, iniciación ó SEO, funcionamento de drons, networking con mulleres emprendedoras, servidores en WordPress e fotografía para E-commerce

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana seis novos cursos impartidos de xeito online e presencial, enmarcados na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como a creación de campañas con Google Adwords, optimización web con SEO, funcionamento de drons, networking con mulleres emprendedoras, creación de servidores en WordPress ou fotografía de produtos para E-commerce.

O mércores 18 de maio, Laura Carrera, posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa impartirá un obradoiro sobre creación de campañas eficaces de Google Adwords. No curso, “Google Adwords, como entendelo e crear campañas eficaces II”, que completa a primeira parte impartida a semana anterior, ensinarase a crear anuncios e traballar o SEM. Na quenda de tarde, o Licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández explicará no taller “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”, os factores externos que afectan ás páxinas web e inflúen no seu posicionamento, as mellores prácticas de SEO e como medilas. Esa mesma tarde, de xeito presencial na oficina de SmartPeme de Barro, os técnicos de Drongal explicarán as últimas novidades en drons no sector audiovisual, os cambios na lexislación vixente e farán unha demostración de voos no obradoiro “Coñece os drons e o seu funcionamento con grupo Drongal”.

O xoves 19 terá lugar na oficina de SmartPeme de Lalín a “Xornada networking: mulleres que emprenden e inspiran”. Neste encontro, catro mulleres emprendedoras: Alba Iglesias do Centro Wellness; Elvira Blanco de As Bicadas – Aceite de Oliva; Elvira Ferreiro de Elvira Ferrereiro Estética Avanzada e Mabel Vidal de Casa Cacheiro – Casa Rural, relatarán a súa experiencia no autoemprego e crearán un espazo de diálogo co fin de establecer sinerxías entre os negocios da comarca do Deza. Por outra banda, tamén na quenda de mañá, o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartirá un novo taller dirixido a pemes e autónomos: “Crea o teu servidor local para WordPress”. Neste taller ensinarase a crear un servidor local no que instalar WordPress.

Finalmente o xoves pola tarde, SmartPeme ofrecerá o curso “Fotografía de produto para o teu E-commerce”, da man de Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño. Esta formación amosará a importancia da calidade da imaxe e a súa influencia na capacidade de aceptación ou desexo de consumir produtos ou servizos.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas