Home Pontevedra Poio O programa Cóllelle o gusto de Benesar Social e mocidade suma unha...

O programa Cóllelle o gusto de Benesar Social e mocidade suma unha nova iniciativa coa técnica de “bookfolding”

- Anuncio -

• A actividade, que se centra na realización de deseños con páxinas de libro dobradas, terá lugar o vindeiro 20 de maio e será gratuíta

• A concelleira responsable da área, Rosa Fernández, lembra que con esta programación apóstase por ofrecer á veciñanza unha oferta de lecer alternativa

O programa Cóllelle o gusto, organizado pola Concellería de Benestar Social e Mocidade, continúa ofrecendo iniciativas de lecer alternativo para a veciñanza. O vindeiro martes, 20 de maio, terá lugar un obradoiro gratuíto sobre ‘bookfolding’. Esta técnica consiste na realización de deseños con páxinas de libro dobradas, tal e como explica a concelleira responsable deste departamento, a socialista Rosa Fernández. A sesión desenvolverase entre as 17.00 e as 21.00 horas. Ademais, Fernández González lembra que de cara aos vindeiros meses tamén se desenvolverán outros ciclos ao abeiro deste programa, como un curso de tapizado ou de cianotipia, unha técnica consistente no revelado de fotografías aproveitando a luz solar natural. A maiores, proximamente darase a coñecer a data dun curso de técnicos de ‘decoupage’, consistente na decoración de diferentes superficies mediante o uso de imaxes en papel ou teas recortadas, fixadas en barniz. Trátase dunha fórmula que pode aplicarse sobre madeira, cartón, velas e mesmo xabrón. As persoas interesadas en obter máis información ou en inscribirse nalgunha destas iniciativas poderán facelo chamando ao 986872401.

Por outra banda, a concelleira de Benestar Social e Mocidade salienta o éxito de convocatoria que acadou o taller de iniciación a cesteiría, que tivo lugar o pasado día 6 de maio na Casa Rosada. O Concello non descarta repetir esta iniciativa, ante a boa resposta obtida.

Curso de manipulación de produtos fitosanitarios
Desde a área de Mocidade infórmase de que está aberto o prazo para anotarse nun curso de formación sobre manipulación de produtos fitosanitarios, que se desenvolverá entre os días 13 e 17 de xuño. Trátase dun ciclo de 25 horas de duración, con prazas limitadas, e cun prezo de inscrición de 50 euros, que está parcialmente financiado pola Concellería.

Asemade, en xuño tamén se impartirá na Finca de Besada un curso de ‘Scrapbooking’, unha técnica para a elaboración e deseño de álbums de fotos, de xeito que consigan un aspecto do máis creativo.

Este obradoiro será os días 14 e 15 de xuño, na Finca de Besada, de 17.00 a 21.30 horas. A inscrición terá un custo de 20 euros.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas