Home Pontevedra O Condado O centro municipal de Canedo, en proceso de mellora

O centro municipal de Canedo, en proceso de mellora

- Anuncio -

Comezaron as obras de renovación da envolvente térmica do edificio, coas que aumentar a eficiencia enerxética e ofrecer un maior confort ás persoas usuarias

O Concello de Ponteareas xa comezou as obras de mellora do edificio que acolle o centro de recursos para as persoas con discapacidade e a Asociación Veciñal de Canedo. O obxectivo destes traballos é mellorar a envolvente térmica do edificio e dotar ao inmoble de climatización para potenciar a confortabilidade das instalacións e, ao mesmo tempo, axudar a reducir as emisións de CO2.

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, salienta que todas estas melloras que xa se están a realizar nestas dependencias “beneficiarán a todos os usuarios e usuarias das instalacións, tanto á veciñanza de Canedo como ás persoas que participan nos obradoiros de atención diúrna terapéutica ocupacional ou ás persoas con discapacidade que utilizan os servizos de Adapta, que poderán gozar dunhas instalacións modernas e confortables”.

Todos os traballos que se levarán a cabo nas instalación “permitirán un aforro no consumo do edificio do 56%”, como sinala a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera. Para iso, estase procedendo ao illamento das fachadas polo exterior dos distintos módulos, da cuberta e dos falsos teitos; substituíndo as carpintarías exteriores dos módulos superiores; renovando de forma integral un local da planta baixa e acondicionando a soleira de todos os módulos da planta superior, entre outras actuacións.

As obras, que suporán un investimento de case 328.000 euros, contan co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do IDAE, do Ministerio para la Transición Ecológica, e a través do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas