Home A Paradanta A Cañiza Luis Piña rexeita que o interventor compareza en pleno para esclarecer o...

Luis Piña rexeita que o interventor compareza en pleno para esclarecer o acontecido coas contas municipais intervidas polo Estado

- Anuncio -

● Os populares solicitaron a súa intervención no pleno que o Concello da Cañiza celebrou onte.

● A Concelleira de Facenda, Paula Bacelar, tampouco quixo dar explicacións.

Miguel Domínguez, portavoz do Partido Popular, solicitou no pleno celebrado onte no Concello da Cañiza a comparecencia do interventor municipal, para que informase de todo o que lle obriga a disposición adicional 94ª da Lei 22/2021 (LPGE 2022), así como das comunicacións recibidas e enviadas polo Ministerio de Facenda, para “esclarecer o acontecido coa intervención das contas municipais por parte de Estado”.

Así mesmo, o grupo popular, tamén solicitou a comparecencia da Concelleira de Facenda, Paula Bacelar, para que explicase tecnicamente a decisión política de optar pola intervención das contas municipais en lugar de acollerse ao Plan de Axuste que ofrecía o Goberno Central.

O alcalde, Luís Piña, negouse a que tanto o habilitado estatal coma a concelleira do seu grupo, explicasen e aportasen a información solicitada pola oposición; “coa única intención de ocultar información que o compromete e o sinala como responsable directo da intervención das contas do Concello da Cañiza, ao tomar unha decisión totalmente política, deixando a un lado as súas obrigas como xestor e prexudicando aos veciños”. Ademais, engade Domínguez, así evita que o interventor confirme que non existe a débeda de catro millóns da que tanto fala o alcalde, xa que o informe que se facilita a Facenda di que é de 1,2 millóns e inclúe facturas do goberno socialista. “Piña é un trilero que está xogando co futuro da Cañiza dunha forma totalmente irresponsable”, sentenza.

Durante a sesión plenaria, aprobouse tamén un Convenio de colaboración coa Asociación de Veciños e coa Comunidade de Montes de Parada de Achas, para apoialos co proxecto da Vía Mariana. “Neste convenio botamos en falta acordos reais e executables, coma a limpeza e o mantemento da ruta, e a posta en marcha do Albergue de Peregrinos e da Aula de Interpretación da Vía. En lugar disto, comprobamos como, unha vez máis, Piña pretende vender fume e seguir enganando á xente firmando un convenio baleiro, co que só se compromete a apoiar á asociación, sen ningún tipo de dotación económica nin acción concreta. O que debería é facer unha aposta sólida por un proxecto tan relevante, tanto para a parroquia de Parada, coma para o resto do concello”, declara Domínguez.

Outro convenio que se levou a pleno foi para a Vixilancia de Residuos coa Deputación de Pontevedra. Para os populares “non se entende como o alcalde está disposto a firmar un acordo co que se compromete a pagarlle á Deputación 15.000 euros por un servizo de vixilancia de residuos, cando debería ser a propia institución provincial a que facilitase este tipo de servizos sen custe para concellos de menos de 20.000 habitantes”.

Por último, onte foi o último pleno da concelleira do PP Ana Cerviño, que será substituída por Cristian Mariño. Miguel Domínguez agradeceu a labor e o traballo de Ana, e o seu paso a un lado para facilitar que outras persoas asuman novas responsabilidades dentro do grupo, “nun proceso de renovación que o PP comeza xa de cara ás próximas eleccións municipais”. Con todo, Domínguez salienta que “son cambios que permiten ampliar e seguir sumando, porque no PP contan todos”.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas