Home Xunta de Galicia Valentín García agradece aos recoñecidos cos premios Lois Peña o seu compromiso...

Valentín García agradece aos recoñecidos cos premios Lois Peña o seu compromiso coa cultura e a lingua galega

- Anuncio -

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega da XXVI edición destes premios ao músico Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e colectivo Nova Escola Galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no castelo de Soutomaior no acto de entrega dos premios da XXVI edición dos Premios Lois Peña Novo, que este ano recibiron o músico Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e o colectivo Nova Escola Galega.

No transcurso do acto, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou a boa intención destes galardóns cos que se busca “poñer en valor a todas aquelas persoas que dignifican Galicia e manteñen un compromiso coa nosa lingua nas súas traxectorias profesionais xurídicas e administrativas”.

Na entrega de premios tamén estiveron presentes os galardoados, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, así como representantes das fundacións Lois Peña Novo e Vicente Risco.

Os Premios Lois Peña Novo son convocados cada ano polo Padroado da Fundación Lois Peña Novo co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas. O xurado, formado por Jorge Mira, catedrático de Física Aplicada da USC; Celia Pereira, avogada e presidenta da Fundación Vicente Risco; Ana Mosquera, avogada; Martín Fernández, xornalista, e Carme Pérez, secretaria da Fundación Peña Novo, foi o encargado de conceder os premios correspondentes nesta edición.

Os galardoados
Rodrigo Romaní é un embaixador da música tradicional galega no mundo con máis de 40 anos de traxectoria creando referentes no imaxinario colectivo galego.

Desde 1978 ao 2000 foi integrante do grupo Milladoiro e, máis tarde, director do Conservatorio de Música tradicional de Vigo, creando a primeira escola permanente existente en España adicada á arpa celta. Foi tamén director da Banda de Música SonDeSeu, un proxecto pioneiro que a partir da música tradicional galega creou un novo modelo en formato orquestral converténdose nun referente noutros países europeos.

María Luísa Castro Cerceda, doutora en bioloxía, foi profesora titular na Facultade de Bioloxía e Ciencia do Mar da Universidade de Vigo onde desenvolveu o seu maxisterio académico impartindo aulas en galego. É autora dunha ampla obra individual en galego que a sitúa como un referente no exterior e destacou como defensora do uso da lingua galega no eido científico.

Ademais, co seu traballo ten contribuído á galeguización dun sector onde o uso do noso idioma é minoritario. Actualmente é directora da empresa MycoGalicia Planta, desde onde promove en galego o desenvolvemento rural en campos relacionados co medioambiente.

A Asociación Nova Escola Galega, pola súa banda, foi recoñecida por tratarse dun colectivo sociopedagóxico que desde 1983 vén traballando coa finalidade de construír un sistema educativo en galego, público e democrático, implicando a persoas tanto do ámbito educativo como da sociedade en xeral, exercendo un labor de renovación pedagóxica en todos os niveis do ensino en Galicia.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas