Home Lugo A Xunta aposta polo turismo gastronómico e deportivo para desestacionalizar e diversificar...

A Xunta aposta polo turismo gastronómico e deportivo para desestacionalizar e diversificar a oferta turística galega

- Anuncio -

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na presentación do stand ‘…E para comer, Lugo’ que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo levará polas 21 etapas de La Vuelta para promocionar a gastronomía da provincia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do stand …E para comer, Lugo que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) levará do 19 de agosto ao 11 de setembro polas 21 etapas de La Vuelta. Así, puxo en valor esta iniciativa como vía para promocionar a oferta gastronómica e turística da provincia lucense a nivel internacional entre todos os visitantes que atrae a proba raíña do ciclismo en España.

Á presentación tamén acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o representante da APEHL, Jacobo García-Bobadilla Prósper, o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén, e representantes dos concellos de Quiroga e Sober.

Diego Calvo destacou tamén a importancia do turismo vinculado á gastronomía e ao deporte como elementos que contribúen a identificar e diferenciar a oferta turística e consolidar Galicia como un destino de calidade e sostible.

Con este expositor de …E para comer, Lugo -sinalou- promoverase a través de degustacións ou da súa guía anual os produtos de calidade e os puntos de interese turístico da provincia lucense nun evento de grande impacto mediático e de relevancia internacional.
De feito, segundo sinalou, a gastronomía é un reclamo turístico e, ademais, o segundo motivo polo que os visitantes escollen Galicia para viaxar. O primeiro deles é a natureza, que tamén se pode descubrir a través da práctica do deporte.

Na mesma liña, o vicepresidente segundo lembrou que Galicia é ademais referente canto ao turismo deportivo con grandes eventos internacionais celebrados ao longo do ano en distintas disciplinas.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas