Home Pontevedra A Paradanta Nava Castro destacou hoxe na presentación da Festa da Lamprea de Arbo...

Nava Castro destacou hoxe na presentación da Festa da Lamprea de Arbo que supón un importante reclamo turístico para Galicia

- Anuncio -

 A festa acadou a declaración de Interese Turístico Internacional este ano en recoñecemento á súa antigüidade, singularidade, o seu valor cultural e gastronómico e o seu atractivo turístico


 A responsable de Turismo destacou que a Festa da lamprea de Arbo, se atopa plenamente consolidada con seus 63 anos de historia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na Cidade da Cultura na presentación da LXIII edición da Festa da Lamprea de Arbo, onde sinalou que esta celebración constitúe un gran atractivo turístico para Galicia, e que ademais conta coa declaración de Interese Turístico internacional desde este ano.

Esta festa tivo a súa orixe no ano 1961 cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas de Arbo organizaron a I Festa da Lamprea para dar a coñecer este produto así como os caldos de uva albariño do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas.

Dende entón, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante na que miles de asistentes abarrotan os restaurantes da vila e os puntos de degustación, para desfrutar das racións de lamprea preparada de distintas formas e dos mellores viños da zona.

Durante a presentación, a responsable de Turismo da Xunta destacou que a Festa da lamprea de Arbo, se atopa plenamente consolidada con seus 63 anos de historia. Nava Castro explicou que dende Turismo de Galicia se aposta pola promoción e mellora das festas de exaltación de produtos enogastronómicos, especialmente as declaradas de Interese Turístico, mediante a promoción e valorización dos produtos sostibles e de calidade.

“Deste modo, dende a Xunta apostamos polas celebracións gastronómicas tradicionais que xeran experiencias únicas no destino, como é o caso da Festa da Lamprea de Arbo, que ocupa un lugar moi relevante para o turismo na nosa comunidade”, sinalou.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas