Home Pontevedra Caldas O Partido Popular de Caldas de Reis traslada o vindeiro pleno, unha...

O Partido Popular de Caldas de Reis traslada o vindeiro pleno, unha moción apoiando totalmente as mobilizacións dos veciños de San Clemente e as súas lexítimas reclamacións

- Anuncio -

• Fernando Pérez: “Presentamos, vía moción, o escrito que nos trasladaron onte os veciños de San Clemente do manifesto o que fixeron lectura o día da manifestación veciñal como mostra do noso apoio as lexítimas reclamacións de cumprimento dos compromisos asumidos polo alcalde Juan Manuel Rey”


• “Estamos ante un incumprimento mais, neste caso grave e inxustificado, dos compromisos asumidos, diante dos veciños e da oposición nunha reunión celebrada fai mais de seis meses no local social de San Clemente”.


• “Non quixemos participar na manifestación porque entendíamos que non se trataba dunha protesta política, querían que quedase claro que era unha protesta veciñal, pero agora si queremos que poidan ter voz no vindeiro Pleno”.

O Partido Popular de Caldas ven de presentar no rexistro do Concello moción para o seu debate no vindeiro Pleno municipal co texto literal, que axuntamos, das esixencias dos veciños de San Clemente, que ademais consisten unicamente nos compromisos asumidos por escrito e verbalmente por Juan Manuel Rey fai mais de 15 anos, e que a base de mentiras e desculpas de mal pagador, seguen sen executar, e estamos ante servicios básicos para os veciños como é o caso da falta de servicios de saneamento.

Está e a tónica habitual de Juan Manuel Rey, asumir compromisos e cando pasan as eleccións no cumprir nada do comprometido, ven de pasar en moitos outros lugares do noso Pobo, e por elo é normal que San Clemente xa non crea mais mentiras e os veciños se manifesten. Pero para colmo nas entrevistas de autobombo de estes días nos medios de prensa escrita, ven de dicir que todos os seus compromisos están cumpridos e que Caldas de Reis ten saneamento no 85% das vivendas, es todos sabemos que non son mas que mentiras, e por elo moitos interpretan que é unha provocación.

O ano pasado presentamos unha moción o Pleno do 31/3/2022 denominado moción sobre o estado de cumprimento dos compromisos de Juan Manuel Rey no lugar de Igrexa en San Clemente, logo dunha petición dos veciños, e resultou aprobada por unanimidade.
Mais tarde fomos directamente, representantes das tres forzas políticas, a unha reunión cos veciños reclamantes no local social de San Clemente e o Alcalde voltou a comprometerse con que se os veciños conseguían as cesións das parcelas afectadas pola obra, el comezaba de forma inmediata, así o dixo diante de todas as forzas políticas e dos veciños, e naquel momento non manifestou que existiría problema algún de autorizacións, tan só faltaban as cesións, e pese a non ser competencia dos veciños facer as peticións os propietarios, eles cumpriron, as conseguiron e as presentaron na Alcaldía, e dende aquela nada de nada.

Relacionadas

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

O Concello de Nigrán abre do 2 ao 10 de maio o prazo de...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE DO 2 AO 10 DE MAIO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN DO MES...

A Deputación aproba 510.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destina 430.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

A Deputación aproba 200.000 € para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais e impulsar...

0
A institución provincial destinará 170.000 € para sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais...

Publicacións Relacionadas