Home Xunta de Galicia A Xunta convoca axudas por preto de 770.000€ para apoiar aos concellos...

A Xunta convoca axudas por preto de 770.000€ para apoiar aos concellos no impulso de accións e proxectos innovadores fronte ao cambio climático

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia publica esta orde de subvencións á que poden acollerse todas as entidades locais galegas que estean adheridas ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía e que xa teñan elaborado un plan de acción propio neste eido


― As actuacións subvencionables deberán orientarse a integrar o quecemento global na planificación urbanística, a previr riscos derivados do mesmo tales como secas, incendios ou inundacións, a intervir para atenuar o efecto illa de calor, a incrementar a biodiversidade urbana e a mellorar os corredores verdes e azuis existentes


― A contía máxima que poderán percibir os beneficiarios será de 20.000 € por concello ou de 50.000 € no caso de agrupacións de municipios ou entidades supramunicipais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da orde de axudas para a realización e o impulso de medidas orientadas a mitigar os efectos do cambio climático a nivel local e mellorar a capacidade de adaptación dos concellos a este fenómeno. Cun orzamento global de preto de 770.000 euros, este novo programa xestionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende servir de recoñecemento e apoio a aquelas entidades locais galegas que nos últimos anos deron un paso adiante neste eido ao asumir un compromiso explícito e activo para avanzar cara á neutralidade climática.

Neste sentido, para acollerse ás subvencións será requisito imprescindible que os concellos solicitantes estean adheridos xa ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía —o maior movemento mundial de autoridades locais e rexionais fronte ao cambio climático— e que teñan elaborado e presentado ante a UE o correspondente Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), proceso para o que contaron tamén con axudas económicas da Xunta. Ademais, poderán solicitalas administracións locais de forma individual, agrupacións de concellos ou entidades de carácter supramunicipal.

Na actualidade, 285 municipios galegos están xa adheridos ao Pacto das alcaldías, unha cifra que representa máis do 91% dos concellos que hai en toda a Comunidade. Deles, 248 xa elaboraron e teñen presentados os seus respectivos PACES polo que, na práctica, serán os potenciais beneficiarios desta nova orde de incentivos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá, sábado, 3 de xuño, e o período subvencionable abranguerá do 1 de xaneiro deste ano ata o 30 de xuño de 2024. A contía máxima da axuda a percibir será de 20.000 euros por concello aínda que este importe se incrementará ata os 50.000 euros no caso de que o beneficiario sexa unha agrupación de municipios ou unha entidade supramunicipal.

En canto ás actuacións subvencionables, as administracións interesadas poderán presentar iniciativas e proxectos piloto de carácter innovador e que incidan en calquera das políticas locais cun impacto positivo desde o punto de vista do clima e da enerxía.

Concretamente, as accións propostas deberán orientarse á integración do cambio climático na planificación urbanística dos espazos urbanos, analizando, por exemplo, os distintos escenarios climáticos para escoller os materiais máis axeitados; á adopción de solucións naturais para previr riscos derivados do quecemento global como incendios, enchentes, secas, etc.; e á intervención sobre espazos públicos para atenuar o efecto illas de calor, creando zonas de sombra natural coa plantación de arborado e mobiliario que reduza a temperatura ou ben aplicando técnicas de drenaxe urbano sostibles.

Así mesmo, tamén se axudará aos concellos con medidas que repercutan no incremento da biodiversidade urbana e no coidado dos seus hábitats, aumentando as zonas destinadas a parques e arborado, apostando por xardíns verticais e tellados verdes ou creando refuxios para especies nidificantes e instalando comedeiros e caixas niño. Por último, tamén se subvencionará a restauración de tramos fluviais urbanos e zonas inundables, entre outras medidas que teñan como fin mellorar a infraestrutura verde e azul presente nestas zonas.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas