Home Xunta de Galicia A Xunta apela no Día Mundial do Meido Ambiente á responsabilidade no...

A Xunta apela no Día Mundial do Meido Ambiente á responsabilidade no consumo de plástico para evitar o seu impacto sobre a contorna

- Anuncio -

― Ángeles Vázquez incide en que a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados


― O Goberno galego é moi consciente da importancia de manter un contacto permanente coas empresas e coas entidades sociais para o intercambio de experiencias e a posta en marcha de posibles solucións

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, apelou á responsabilidade e á racionalidade no consumo de plástico para evitar o seu impacto sobre a contorna no marco da celebración da Semana por unha Galicia sostible, organizada pola Xunta de Galicia co gallo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra hoxe, 5 de xuño.

Durante a súa intervención no acto organizado polo Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) no Parque Natural Complexo Dunar e Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Ángeles Vázquez incidiu en que “a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados”.

De feito, logo de explicar que Nacións Unidas centrou este ano a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente nas posibles solucións á contaminación por plástico, a conselleira puxo en valor a unión e o traballo conxuntos da sociedade galega á hora de buscar as mellores fórmulas para afrontar os retos do futuro.

E, nesa liña, salientou o traballo de Viratec de compatibilizar a actividade económica co desenvolvemento sostible baixo os principios da economía circular. “O Goberno galego comparte este modelo e é moi consciente da importancia de manter un contacto permanente coas empresas e coas entidades sociais para o intercambio de experiencias e a posta en marcha de posibles solucións”, aseverou Ángeles Vázquez.

Cómpre lembrar que se estima entre 19 e 23 millóns de toneladas de plástico acaban cada ano en lagoas, ríos e mares. Máis polo miúdo, a conselleira puxo como exempleo que cada minuto véndense un millón de botellas de plástico en todo o mundo e cada un deses envases tarda uns 450 anos en descompoñerse.

Ante isto, Galicia avoga por avanzar cara a un modelo produtivo máis sostible que supoña a redución de lixo de orixe industrial, o fomento da utilización de materias primas recicladas e do consumo de produtos feitos a partir delas e a aposta polo ecodeseño, que é unha peza clave na fase de produción para afondar na economía circular a través da prevención.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas