Home Pontevedra A Lama Montse Torres, dietista-nutricionista protagoniza no Multiusos da Lama unha charla sobre alimentación...

Montse Torres, dietista-nutricionista protagoniza no Multiusos da Lama unha charla sobre alimentación saudable na diabete

- Anuncio -

Esta actividade contou coa presenza de numeroso público e foi organizada polo Sergas en colaboración co Concello da Lama.

A dietista-nutricionista Montse Torres protagonizou unha charla sobre “Alimentación saludable na diabete” que terá lugar no Multiusos da Lama organizada polo Servizo Galego de Saúde en colaboración co Concello da Lama.

Montse Torres comezou a súa intervencion ante un numeroso público entre o que estaba o tenente de alcalde, David Carrera, falando sobre a función que a insulina ten para transformar o sucre dos alimentos en enerxía. A insulina é unha hormona liberada polo páncreas como resposta á presenza de glicosa no sangue. Grazas a ela as células poden utilizar a glicosa como fonte de enerxía. Se non fai ben esta función, a glicosa acumúlase en sangue producindo hiperglucemia.

Para previr e mesmo revertir eses efectos, Montse Torres incidiu na importancia que a alimentación ten no proceso que sufren aquelas persoas afectadas pola diabete.

Despois da súa intervención abriu unha quenda de palabras para que puideran participar os asistentes á charla e favorecer a interacción co público para dar resposta a cuestións concretas que lle foron plantexando.

Relacionadas

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

Publicacións Relacionadas