A Deputación supervisa as obras de mellora peonil e drenaxe na estrada provincial EP-9702 As Sinas-Vilanova de Arousa

adminON
Lectura mínima de 2

A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, Belén Cachafeiro, percorreu xunto co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial, Javier Tourís, o tramo no que se está a desenvolver a actuación que conta cun investimento de 120.000 euros

A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, Belén Cachafeiro, supervisou xunto co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e o concelleiro e tamén deputado provincial, Javier Tourís, as obras de mellora peonil e drenaxe na estrada provincial EP-9702 As Sinas-Vilanova de Arousa. Trátase dunha actuación que abrangue dous tramos cunha lonxitude total de máis de 700 metros nos que se está a investir 120.000 euros.

Tal e como recordou Cachafeiro, o obxectivo principal deste proxecto é “mellorar a accesibilidade, as condicións de tránsito e mobilidade peonil e a drenaxe nesta estrada que une As Sinas e Vilanova de Arousa, asegurando unha integración harmónica coa contorna na que se sitúa”. Deste xeito, estase a actuar en dúas zonas: nun primeiro tramo entre os puntos quilométricos 0+800 e 1+280, cunha lonxitude total de 480 metros, e noutro situado entre os puntos quilométricos 2+750 e o 3+000, cunha lonxitude de 250 metros.

Coas obras que está a acometer a Deputación nesta estrada provincial, tal e como subliñou a deputada, “estanse arranxar e solucionar os importantes problemas relacionados coas augas pluviais e a drenaxe existentes”. Deste xeito, no primeiro tramo levaranse a cabo obras de mellora da seguridade viaria mediante a execución de cunetas que permiten tanto mellorar a evacuación das augas pluviais, como tamén configurar un espazo para que o condutor poida reconducir a súa traxectoria no caso se saída da calzada en un lugar transitable para os peóns.  No que respecta ao segundo tramo, trátase de mellorar as condicións de accesibilidade.

Comparte este artigo