Home A Coruña Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e sustentable da Pradería

- Anuncio -

A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia.

Desde este mediodía o recinto do Castro de Montes Claros conta con cinco habitantes: un cabalo de pura raza galega, dous ponis da raza mini shetland e dúas mulas nacidas dun poni albino. Os équidos estarán de xeito permanente no xacemento e serán os protagonistas do novidoso sistema de control ecolóxico e sustentable con animais da pradería.
A iniciativa é froito da colaboración entre o Concello da Laracha, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia, formalizada hoxe no convenio rubricado polo alcalde, José Manuel López Varela, e o representante legal desa última entidade, Xacobo Pérez Paz.
En virtude do acordo, Poni Club Galicia, que previamente realizara a selección dos cinco animais, os cede -conservando a propiedade dos mesmos- e o Concello comprométese a garantir en todo momento o coidado e alimentación, ademais dos tratamentos sanitarios precisos e a custodia do seu benestar.
As estruturas necesarias para posibilitar a estancia do cabalo, os ponis e as mulas foron creadas recentemente polo Concello a través do obradoiro de emprego, utilizando como material a madeira para unha máis axeitada integración no entorno. Xunto á entrada foi acoutada unha zona que conta cunha marquesiña e será o principal espazo de descanso e estancia dos équidos. Os animais poderanse mover libremente polas parcelas do xacemento que estarán delimitadas mediante a colocación dun pastor que os orientará cara os espazos nos que terán maior facilidade para atopar alimento.
Ademais, nos accesos construíronse abeiros coa dobre función de delimitar o Castro para que os animais non saian do recinto e, ao mesmo tempo, permitir que as persoas que acudan visitar o Castro poidan protexerse e evitar o contacto cos équidos se así o desexan.
O Castro de Montes Claros convértese, así, nun dos primeiros xacementos galegos que empregará este sistema natural para a súa limpeza, conservación e mantemento. Con esta novidosa iniciativa o Concello pretende continuar poñendo en valor o sitio mediante a súa mellor conservación diaria cun sistema que evita o emprego de medios mecánicos sobre o xacemento, favorece a recuperación da paisaxe tradicional e, ademais, supón un aliciente para atraer visitantes.
O Castro de Montes Claros actualmente está a ser obxecto dunha escavación arqueolóxica impulsada polo Concello que dá continuidade á recentemente rematada e que fora financiada pola Xunta de Galicia.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas