Os nacionalistas votaron en contra do documento, no non existe unha definición clara dos usos nin do ordenamento xurídico e, en cambio, inclúe dous artigos nos que fala de sancións específicas por acceder á vivenda pasando pola beirarrúa
O voceiro do Bloque, Fran Leiro, denuncia que este proceder do señor Telmo Martín “é un paso máis para consolidar a súa política de recadación, propia da súa política de cemento”, que se suma ás subas de impostos xa en vigor en menos de ano e medio
O voto en contra do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo non foi suficiente para impedir a aprobación inicial da nova ordenanza reguladora de vados. Un regulamento sobre o que o voceiro nacionalista, Fran Leiro, advertiu das súas carencias, especialmente no que se refiere á definición dos usos destes vados, e cuxa aprobación por parte de Telmo Martín “ten coma obxectivo asustar aos veciños e veciñas con multas elevadas para que soliciten eses vados”.
Na súa intervención, Leiro deixou claro que a regularización dos vados “é necesaria, entre outras razóns porque a actual non regula usos, só taxas”. Sen embargo, o BNG ten claro que o texto do documento elaborado polo Partido Popular non só non resolve ningún tipo de dúbida á veciñanza, senón que ten unha clara pretensión recadatoria. “Se o señor Martín tivese interese en informar á cidadanía sería el quen convocase á veciñanza a reunións informativas e para resolver esas dúbidas, algo que tivemos que facer desde o BNG”, lembrou o
concelleiro do Bloque. Fran Leiro detallou que esta nova ordenanza é “practicamente idéntica” á actual, e, polo tanto, insuficiente. Ademais, inclúe dous artigos (o 22 e o 25.) que son os de dan discrecionalidade á hora de cobrar, quedando en mans da Administración a decisión, e nos
que se fala de sancións por diferentes infraccións, pero “en ningún momento se determina que usos son de especial intensidade, nin. Tampouco cando é donde é necesario solicitar un vado. Nin sequera existe un ordeamento xurídico. Do que si fala este regulamento é de multas de ata 750 euros se un vehículo accede a unha vivenda sen ter solicitado o vado. A premisa do señor Telmo Martín está clara: asustar á veciñanza para que solicite vados por medo”, denunciou o edil do BNG.
“O afán recadatorio do señor Martín e da súa política de cemento e formigón non ten límites”, asegurou Leiro, que recordou, unha vez máis, que en menos dun ano e medio o Goberno do Partido Popular xa subiu varios impostos, a pesares das promesas electorais nas que Telmo Martín prometeu unha redución nas taxas. “Xa daquela, en maio de 2023, o señor alcalde era perfectamente consciente de que os custes do Concello se incrementaron e, aínda así, prometeu unha baixada de impostos que sabía que no ía poder facer. Mentiu de xeito flagrante a toda a veciñanza de Sanxenxo e, agora,a chega con esta ordenanza, despois do seu intento fallido de cobrar con efecto retroactivo de ata catro os vados a residentes que non os solicitaran”, declarou Leiro. Só a denuncia pública feita entón polo BNG e o malestar xerado entre a cidadanía provou que o Goberno local cesase nese intento. Con todo, tal e como recordou o voceiro nacionalista, “a día de hoxe moitos veciños e veciñas que presentaron recurso contra aquela carta do ORAL aínda non recibiron resposta e tampouco se sabe nada do que acontece das persoas que pagaron con efecto retroactivo”, denunciou.
Con esta aprobación, o alcalde Telmo Martín busca dispoñer dunha ferramenta que lexitime o cobro de taxa de vados a persoas que teñen entrada e saída de vehículos á vía pública nas súas vivendas, pero que nunca solicitaron un vado. “É unha manobra cun claro afán recadatorio, na liña do que nos tén afeitos o señor Martín no seu primeiro ano de mandato”, denuncia o voceiro do Bloque, Fran Leiro. Esta medida súmase ao incremento dos recibos en impostos como o IBI e o de Vehículo, aprobados tamén polo PP hai uns meses.

