Refundación das Xuventudes Socialistas de Vilagarcía

adminON
Lectura mínima de 2

A nova Comisión Executiva Municipal das XSG-Vilagarcía anima á mocidade  vilagarciá a participar na Agrupación. 

David Álvarez Caneda, novo Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de  Vilagarcía. 

Un grupo de mozos e mozas dan un paso adiante na refundación das  Xuventudes Socialistas de Vilagarcía e constitúen unha nova Comisión Executiva Municipal. Esta Asemblea contou coa presenza e apoio do Secretario Xeral XSG,  Xurxo Doval, así como do Secretario Xeral do PSdeG-Vilagarcía, Julio Torrado e o  Alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela. 

Presentándose só unha candidatura, David Álvarez Caneda resultou elixido Secretario Xeral por unanimidade. Acompañarano na executiva María González Díaz  (Secretaria de Organización) e Sara Barros Laya (Secretaria de Política Municipal e  Igualdade). Trátase dun equipo sólido, dinámico e comprometido coa defensa dos  valores progresistas e a igualdade de oportunidades. 

Nun contexto marcado pola alta desafección política, principalmente na xente  máis nova, esta renovación representa un novo comezo para a mocidade vilagarciá,  ofrecendo un espazo onde poidan expresar as súas ideas, participar activamente na  política local e traballar xuntos por un futuro mellor.

Inicialmente, a través de diversas actividades e proxectos, nos propoñemos: 

• Fomentar a participación activa da mocidade na política local. • Organizar talleres e charlas sobre temas de interese social e político. • Realizar campañas de recollida de material escolar así como de  

concienciación sobre igualdade de xénero, medio ambiente, dereitos  humanos, etc. 

• Promover a colaboración con outras organizacións xuvenís e sociais da  contorna.  

Por todo isto, as Xuventudes Socialistas de Vilagarcía convidamos á mocidade  comprometida coa súa vila a sumarse a este proxecto transformador. A túa  participación é esencial para construír un movemento xuvenil forte e representativo para dar voz ás demandas da mocidade vilagarciá entre as diferentes entidades e  institucións. Xa sexas estudante, traballador, ou simplemente un mozo/a con ganas  de facer unha diferenza, as Xuventudes Socialistas son o teu lugar.

Comparte este artigo