O Pleno da Corporación do Concello de Baiona aproba de forma inicial por maioría os orzamentos para o 2024 presentados polo equipo de goberno.
A aprobación das cantas municipais contou cos once votos a favor do equipo de goberno. O pleno deu así o seu visto e prace a un orzamento municipal de Baiona que se incrementa nun 6,04 %, 11,2 millóns de euros, o maior orzamento da historia da administración local a pesar das circunstancias económicas. Un teito que garante a prestación dos servizos, con eficiencia e eficacia, para os veciños e veciñas de Baiona, aumenta considerablemente a partida destinada aos servizos sociais e que potencia os investimentos e actuacións no municipio.
Os orzamentos aprobados hoxe son, en palabras do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, ”realistas, adaptados á situación socioeconómica actual”.
Ademais, dos orzamentos municipais para o ano 2024 tamén se levou ao pleno ordinario do mes de abril a aprobación da Ordenanza Fiscal de Terrazas cos once votos a favor do equipo de goberno. A taxa por ocupación da vía pública leva sen aplicarse en Baiona desde fai catro anos. Recuperarase o pago para buscar o equilibrio entre o dereito da cidadanía do espazo público e a aspiración da hostalería para darlle á súa clientela un servizo adecuando.
Aprobada tamén polo equipo de goberno a moción presentada polo Partido Popular de Baiona aos concellos sobre a normativa respecto a os galiñeiros de autoconsumo instando o Goberno de España a que modifique o Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, para suprimir a obrigatoriedade de rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo, excepto decisión da autoridade competente naquelas explotacións en función do risco sanitario ou criterios de ordenación sectorial da Comunidade Autónoma.

