Comeza a Semana Branca dos escolares do Porriño

adminON
Lectura mínima de 2

• 152 nenos e nenas dos centros de primaria viaxan á Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos para vivir xuntos unha experiencia única na neve e aprender a esquiar

• A actividade está organizada pola Asociación Semana Branca en colaboración co Concello do Porriño, que este ano incrementa a súa aportación en 4.000 euros, superando os 18.000 euros

As montañas vístense de branco e os/as nenos/as do Porriño dispóñense a disfrutalas.
Máis de 150 escolares viaxarán esta semana no marco da Semana Branca do Porriño. O destino, a Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos, unha pequeña e familiar estación situada na provincia de León, na bisbarra de Laciana que é Reserva da Biosfera e no límite co Principado de Asturias. Alí pasarán tres días vivindo unha experiencia de neve na que convivirán cos seus compañeiros e aprenderán nocións básicas do esquí.
Esta actividade está organizada pola Asociación Xornadas Brancas en colaboración co Concello do Porriño, que este ano incrementa a súa aportación superando os 18.000 euros a través dun convenio de colaboración coa Asociación Xornadas Brancas constituída por todos os centros educativos de primaria do municipio.
Na excursión participarán todos os centros de primaria do municipio que sairán de maneira escalonada. Hoxe foi a quenda dos colexios Antonio Palacios e Atios, o mércores sairán Santo Tomás e Hermanos Quiroga e o vindeiro luns o farán Fernández López, Budiño e Ribeira.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, despediron hoxe ao primeiro grupo de escolares, non sen pedirlles que disfrutaran ao máximo destes días de desconexión xuntos e de todas as aventuras que lles esperan, e tamén que tomen boa nota de todo o que van aprender.

Comparte este artigo