En base aos datos existentes no padrón de IBI do Concello de Mos, estímanse un total de 317 bens entre fincas rústicas, fincas urbanas e construcións
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Patrimonio, Leo Costas, informaron hoxe de que o Concello levará a cabo próximamente un inventario de bens inmobles municipais, que se realizará con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. Este inventario de bens municipais realizouse por última vez a comezos da década dos anos 90.
Así, a administración local mosense destinará parte da devandita subvención provincial á actualización dos inventarios municipais de fincas rústicas e urbanas deste Concello.
Partindo do inventario existente, aprobado no ano 1993, procederase a inventariar todos os bens inmobles (fincas rústicas e urbanas) necesarios para ter un inventario de fincas refundido e completo que recompile a totalidade dos bens.
O traballo consistirá, na visita in situ de cada unha das fincas, tomaranse fotografías e se revisará a documentación relativa a estes bens para verificar ou actualizar datos tales como, situación catastral, rexistro da propiedade, escrituras de compravenda, comisións de goberno, etc….
Procederase a escanear toda a documentación existente nas dependencias municipais relativa aos bens a incluír. Partindo da información anteriormente proporcionada, identificaranse os bens inmobles.
En base aos datos existentes no padrón de IBI do Concello de Mos, estímanse 158 fincas urbanas e construcións e 159 fincas rústicas.
Así o informaron os representantes municipais Arévalo e Costas, quenes tamén explicaron que “o procedemento de inventariado constará de catro fases de traballo, sendo a primeira de separación da documentación, a segunda de codificación dos inmobles, a terceira de preparación de planos dixitais e localización de fincas e a cuarta e última de presentación da información recabada”.
Na fase 1 de separación da documentación, separarase a documentación relativa a cada un dos organismos que compoñen a estrutura do Concello, e á súa vez separarase a documentación de cada un destes en fincas urbanas e fincas rústicas.
Na fase 2 de codificación dos inmobles codificaranse os diferentes inmobles cun díxito alfanumérico, co fin de que quede identificada a súa clasificación e localización.
Na fase 3 de preparación de planos dixitais e localización de fincas empregaranse planos catastrais e cartografías actualizadas. Unha vez separada e sobre os planos catastrais ubicaránse as referencias catastrais de cada un deles, determinando os seus lindeiros e asociándoos tanto coas direccións que figuran nas escrituras de propiedade, notas simples e contratos de compra venda, como os proxectos de reforma, construción ou inversión, acordos corporativos e datos de ubicación do inventario precedente.
E na fase 4, de presentación da información recollida, recabarase toda a documentación en relación a cada unha das fincas que estará composta por: unha ficha na que se inclúen todos os datos dos que se dispón acerca da finca. Por un plano de localización ou situación a escala, en formato A4 o A3 en función da superficie da parcela, en cor, por cada un dos inmobles, con información de data de inventario, Nº de Folio, Orde e Nº de activo (número de identificación da finca), Nº asignado no arquivo (onde se atopa a documentación relativa á finca), Nome da finca, Lugar – Parroquia, Superficie del solo e Superficie construída, Destino, Referencia Catastral e Escala á que está impreso.
O orzamento que se destinará a este inventario ascende a 17.908,00€.

