adminON
Lectura mínima de 2

Últimos días para visitar no Pazo provincial da Deputación a exposición #HeNacidoParaVivirLaVida

A mostra, impulsada pola Federación ASPACE Galicia en colaboración coa Fundación GMP, incide na importancia da atención temperá na parálise cerebral

Pazo provincial, 31 de xaneiro de 2024. A exposición #HeNacidoParaVivirLaVida poderase visitar no Pazo provincial da Deputación ata o vindeiro mércores 7 de febreiro. A mostra, impulsada pola Federación ASPACE Galicia en colaboración coa Fundación GMP, incide na importancia da atención temperá para o futuro dos nenos con parálise cerebral como garante dunha vida independente.

#HeNacidoParaVivirLaVida recolle 22 imaxes en cor e cheas de vida realizadas polo fotógrafo zaragozano Luis Simón Aranda. A exposición pretende facer un chamamento sobre a correcta atención dos nenos con parálise cerebral nos seus primeiros meses e anos de vida como fundamento para a participación na sociedade das persoas con grandes necesidades de apoio. De feito, as imaxes amosan ese reflexo da atención temperá na vida de menores con parálise cerebral, con fotografías do seu día a día así como imaxes de persoas adultas.

O Pazo provincial da Deputación foi escollido como tiro de saída da mostra itinerante #HeNacidoParaVivirLaVida. Tras esta primeira parada en Pontevedra a exposición percorrerá outras 15 cidades do noso país entre as que se atopan A Coruña, Murcia, Pamplona, Vigo, Logroño, Zaragoza, Vitoria, León, Bilbao, Salamanca, Segovia, Santander, Toledo, Zamora e Madrid.

Comparte este artigo