O Concello de Arbo, un ano máis convoca dentro das actividades programadas para o “Entroido 2023” un Desfile de Comparsas para o próximo día 11 de febreiro.
As que desexen participan deberán anotarse nas oficinas do concello ou ata unha hora antes do inicio do desfile a través do persoal municipal identificado.
Establecense 4 categorias e repartiranse 1500€uros en premios, que serán entregados o domingo día 11 de febreiro o acabar o desfile no salón de plenos do Concello de Arbo.
a.- COMPARSAS DE 15 OU MÁIS MEMBROS
Primeiro premio: 500€.-
Segundo premio: 250€.-
Terceiro premio: 100€.-
b.-COMPARSAS DE 5 A 14 MEMBROS
Primeiro premio: 140€.-
Segundo premio: 75€.-
Terceiro premio: 50 €.-
c.- COMPARSAS INFANTIS (10 ou máis membros menores de 12 anos)
Primeiro premio: 140€.-
Segundo premio: 75€.-
d.-MASCARITAS (de 1 a 4 membros)
Primeiro premio: 80€.-
Segundo premio: 40€.-
Terceiro premio: 30€.-
Cuarto premio: 20€.-
O desfile sairá ás 17.30 horas da Carballeira de Turbela. Ano tras ano, o percorrido ata a Praza do Concello é todo un éxito, contando con distintos espectáculos protagonizados polas comparsas e os colaboradores.
O xurado estará formado por membros designados entre o público asistente. Estas persoas non poderán formar parte de ningunha comparsa.
Recordase dende o Concello, que co gallo do desfile as rúas Antonia Tovar, Buenos Aires, Miguel Davila, Rúa Vázquez Estévez e Rúa Segundo Gil Davila estarán cortadas ao tráfico.

