HomePontevedraO concello de Soutomaior mellora o saneamento nos barrios de O Conde...

O concello de Soutomaior mellora o saneamento nos barrios de O Conde e Comboa

- Anuncio -spot_img
  • Están a instalar máis de 240 metros de novas canalizacións para a recollida de augas pluviais e residuais
    O Concello de Soutomaior está a levar a cabo varias melloras na rede de saneamento de augas do municipio. Unha vez finalizados os traballos de instalación dun novo colector de augas residuais e 110 metros de canalizacións no barrio de Comboa é a quenda da ampliación da rede de recollida de pluviais no barrio de O Conde coa instalación de máis de 130 metros lineais de canalizacións.
    Así, a mellora no saneamento realizada no barrio de Comboa comprendía a creación dun novo ramal de canalizacións de 110 metros de longo, cun diámetro de 250mm, destinado á recollida de augas residuais por gravidade e a súa conexión ao sistema xeral de rede de sumidoiros.
    Pola súa banda, no barrio de O Conde está a instalarse un colector de 132 metros de longo por 315mm de sección que recollerá as augas pluviais a través de seis novos sumidoiros de 30×40 cm e dúas reixas lonxitudinais de 40 cm de ancho. Unha vez finalizado conectarase o novo colector á rede de pluviais xa existente en Arcade.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou os traballos como “pequenas melloras que, a pesar de que non ven, son de gran utilidade para os veciños e para o medio ambiente”. Os traballos contaban cun orzamento total de licitación de 37.528,92 euros que foron financiados exclusivamente con fondos procedentes das arcas municipais.

Publicacións Relacionadas