Home A Coruña A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Río...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Río Seixedo, no concello de Arteixo

- Anuncio -

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron o foco no marco das inspeccións periódicas a instalacións empresariais

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais ao río Seixedo ao seu paso polas proximidades de Vilarrodís, no municipio de Arteixo.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos da Xunta, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspección periódicas que se realizan ás instalacións industriais do municipio.

Nesta inspección, efectuada coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectáronse deficiencias e falta de mantemento no sistema de depuración de augas residuais da instalación, e a analítica do vertido confirmou o incumprimento do vertido.

Os inspectores da Xunta requiríronlle ao titular das instalacións para que adoptase as medidas oportunas coa fin de emendar o vertido.

Os resultados das recentes mostraxes efectuadas por parte do persoal de Augas de Galicia corroboraron que se levaron a cabo as correspondentes actuacións de mellora e adecuación do sistema de depuración das instalacións.

Relacionadas

O Concello de Oleiros organiza unha ruta de desde a ría de Lires ata...

0
O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Ría de Lires ao Cabo Fisterra enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza...

Case 2.200 corredores poderán participar este domingo na Carreira Popular dos Rosales

0
A proba absoluta comezará ás 10.00 horas na avenida Fernando Suárez García, xunto ao polideportivo municipal Este domingo celebrarase a XI Carreira Popular Os Rosales,...

O Concello de Neda licita os traballos de pavimentación da pista de Pename a...

0
O Concello de Neda vén de sacar a licitación as obras que incluirá no denominado Plan de mellora de camiños rurais 2024-2025. O goberno...

Obradoiro de iniciación ao stream e creación dun mural coa temática do San Xoán...

0
O Concello organiza un novos obradoiros nas Casas da Mocidade o día 7 e 8 de xuño: obradoiro de iniciación ao stream e creación...

XI edición do Xuño da Cultura e as Artes

0
A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou hoxe a décimo primeira edición do Xuño da Cultura e das Artes, un programa que coordina a...

Manuel Ferreiro clausura o ciclo “Xornadas para familias” impartido por Anhida Coruña

0
O centro sociocomunitario de Frades acolleu na tarde de onte a derradeira charla do ciclo “Xornadas para familias”, organizadas pola asociación Anhida Coruña en...

Publicacións Relacionadas