Home Pontevedra Caldas Deputados e concelleiros do PP reclaman á Deputación beirarrúas nas estradas provinciais...

Deputados e concelleiros do PP reclaman á Deputación beirarrúas nas estradas provinciais de Catoira

- Anuncio -

• Os veciños levan anos pedindo que se mellore a seguridade vial en tres estradas provinciais, pero a Deputación negouse sempre a financiar estas obras.
• Operarios municipais encárganse da limpeza, bacheo e conservación das estradas provinciais para evitar que estean abandonadas.

Os deputados provinciais do Partido Popular, Jorge Cubela, Paz Lago e Javier Tourís, xunto ao concelleiro do PP de Catoira e delegado do Concello para a Xunta, Iván Caamaño, e veciños da zona visitaron Dimo, Catoira de Arriba e Oeste para interesarse pola situación de tres estradas que Deputación de Pontevedra ten nestas parroquias e reclamar ao Goberno provincial que mellore a seguridade viaria.

Recordan que nestas estradas xa se produciron varios accidentes con peóns que teñen que camiñar polas cunetas, xa que nin sequera hai beiravías en moitos dos seus tramos. Unha situación alarmante para os populares, “que pon en risco aos veciños cada vez que teñen que desprazarse a pé e que precisa dunha actuación urxente por parte do Goberno provincial”, defende Jorge Cubela.

Os veciños levan anos reclamando a construción de beirarrúas, pero desde o Goberno provincial atoparon sempre o rexeitamento a financiar estes proxectos. O voceiro local do PP, Iván Caamaño, sinala que hai varios tramos destas estradas que contan con proxectos, como por exemplo na parroquia de Dimo, que ascende a 435.431 euros, ou un primeiro tramo de Catoira de Arriba por 98.000 euros, “pero a Deputación non está pola labor de financiar as obras, e por iso desde o PP, apoiando aos veciños, presionaremos para que se leven a cabo”.

Nesta liña, Caamaño convida á presidenta da Deputación, Carmela Silva, a que visite Catoira e se desprace a pé polas mesmas cunetas polas que teñen que andar os veciños destas parroquias, para que entenda “dunha vez por todas que cesar o abandono no que se ten por parte da Deputación a Catoira”.
Como exemplo “deste abandono”, Caamaño explica que esta mesma semana o tractor do Concello de Catoira, “como fai sempre”, desbrozou as estradas da Deputación, “xa que desde a institución provincial non se fai”. Ademais, os operarios municipais encárganse da limpeza, do bacheo e da conservación das estradas da Deputación, “porque do contrario estarían intransitables”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas