A alcaldesa María Ramallo e membros da directiva do Marín Futsal presentaron unha edición de récord, con máis de 20 clubs participantes. O venres haberá unha gala de presentación do evento na Alameda coa presenza dos clubs e música.
O fútbol sala será o protagonista esta fin de semana na vila de Marín coa celebración da décima edición do Torneo Antonio Suárez, organizado polo Marín Futsal e que reunirá a máis de 1.000 participantes entre o venres e o domingo.
A alcadesa, María Ramallo, e unha representación da directiva do Marín Futsal presentaron esta mañá na Alameda Rosalía de Castro unha edición marcada polo décimo aniversario e que está chamada a ser unha das máis especiais e multitudinarias da historia do evento.
Espérase que participen máis de 20 clubs, 80 equipos e en total un millar de persoas participantes e que estarán desputando partidos o venres de 10.00 a 20.00 horas, o sábado de 09.00 a 23.00 e o domingo pola mañá, para facer finalmente a entrega de premios o domingo pola tarde, a partir das 19.00 horas.
Un acto inaugural o venres por todo o alto na Alameda
Este ano como novidade o evento contará cunha gala inaugural o venres a partir das 21.30h, que servirá para celebrar o aniversario e para presentar aos clubs que participan, e que contará tamén con música en directo.
Clubs participantes

