O BNG da Estrada celebra a restauración da Inmaculada de Francisco Asorey , un dos grandes mestres da escultura galega e unha figura esencial da nosa cultura. Conservar unha obra dun artista que contribuíu a definir a identidade artística de Galicia é unha decisión acertada e unha excelente noticia para o patrimonio do noso concello.
Esta actuación pon de manifesto a necesidade de que a conservación do patrimonio responde a unha verdadeira estratexia municipal. A Estrada conta cun legado histórico, artístico e etnográfico excepcional que merece ser protexido con criterios claros, públicos e obxectivos.
O candidato nacionalista á Alcaldía, Marcos Borrageros , considera que «o patrimonio non pode depender de actuacións illadas. Cada investimento debe formar parte dun plan que estableza prioridades segundo o valor histórico dos bens eo seu estado de conservación».
Nese sentido, o BNG lembra o estado non que se atopan elementos de enorme relevancia como a Ponte de Liñares , unha das pontes históricas máis singulares do municipio; o acueduto , que continúa agardando actuacións que garanten a súa conservación; ou o conxunto patrimonial de Guimarei , un espazo de extraordinario valor histórico que precisa unha aposta decidida para evitar o seu deterioro e poñelo en valor.
«A restauración da Inmaculada é unha magnífica noticia. O que reclamamos é que non sexa unha excepción, senón parte dunha política continuada de protección do patrimonio. A Estrada non pode permitirse conservar unhas pezas mentres outras seguen deteriorándose ano tras ano», sinala Borrageros.
O BNG defende a elaboración dun Plan Municipal de Conservación e Posta en Valor do Patrimonio , que inclúe un inventario actualizado de todos os bens de interese histórico, unha avaliación técnica do seu estado, obxectivos para establecer prioridades e unha programación plurianual de investimentos.
«O patrimonio é memoria, identidade e tamén unha oportunidade de futuro para o desenvolvemento cultural e turístico da Estrada. A mellor homenaxe que podemos facer a Francisco Asorey é asumir ou compromiso de coidar, con rigor e planificación, todo o patrimonio que recibimos das xeracións que nos precederon.»

