Recepción que tivo lugar hoxe ás 09.00 horas no Concello por parte da alcaldesa, María Ramallo, ao Comandante do Patrullero Tabarca, o Tenente de Navío, D. José Enrique Delgado González, que deixa este cargo. Xunto a el, acudiu á Casa Consistorial o seu relevo, o tamén Tenente de Navío D. Enrique Núñez de Prado Franco.
A alcaldesa desexou a ambos toda a sorte nestas novas etapas profesionais que encaran.

