O concello de Nigrán presenta o “III Festival Nigranblues” con presencia de grupos de Gran Bretaña, Portugal, Cuba e Galicia

Redacción

Nigrán consolídase como referente do Blues en Galicia coa celebración o sábado 15 de agosto desta terceira edición que reúne en Gaifar a Mitch Laddie Band, Nico&The Blue Birds, Layuca, The Triplets e en sesión vermú no paseo de Panxón a Blue Mondays

O festival quecerá motores o venres 14 de agosto no Malabar-Pénjamo de Patos cunha jam-session liderada por Red Duck Blues

O Concello de Nigrán ofrecerá o sábado 15 de agosto no espazo deportivo ‘Dunas de Gaifar’ a terceira edición do Nigrán Blues, un Festival Internacional que se converteu nunha cita ineludible para os amantes do xénero no sur de Galicia. O evento, de entrada libre, conta novamente cun cartel de luxo conformado a partir das 19:00 horas pola banda inglesa Mitch Laddie Band, a portuguesa Nico&The Blue Birds, a cubano-galega Layuca e a galega The Triplets, ademais, previamente en sesión vermú tocará no Malabar Beach de Panxón-Praia América a galega Blue Mondays (13:00 horas). A maiores, este ano o festival quecerá motores o venres 14 tamén no Malabar Beach cunha jam-session ás 19:00 horas liderada polos músicos locais de Red Duck Blues, responsables de jams en Vigo durante todo o ano e dispostos a compartir a experiencia de improvisar con todo aquel que desexe tocar.

Acompañando á música en directo, o evento ofrecerá unha experiencia completa con food trucks variados e a animación do DJ Phantomatic para manter o ritmo entre concerto e concerto, mentres que o artista vigués Marcos Puingher realizará un espectáculo de live painting, creando unha obra de arte en directo que capturará a esencia da xornada.

Esta iniciativa é unha aposta do Concello de Nigrán a través da produtora FB Produxion, e supón a culminación do exitoso ciclo anual Blues & Rías, que durante todo o ano achegou a Galicia a grandes nomes do Blues nacional e internacional, afianzando a comarca como un polo de atracción para este estilo musical. O festival conta ademáis coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan + Provincia.

“Xa calebramos o Nigranjazz, un festival do Concello que nos sitúa no mapa peninsular dos mellores recintos para escoitar jazz, e agora temos o ‘Nigran Blues’, que en só tres edicións tamén coloca a Nigrán como referencia neste xénero musical fundamental no desenvolvemento doutros moitos estilos”, valorou Juan González, alcalde do municipio, na presentación do evento no espazo deportivo de Gaifar. “O Nigrán Blues 2026 non é só un festival, senón un evento que celebra a cultura, a arte e a música nunha contorna privilexiada”, remarcou o seu director, Frans Banfield.

MITCH LADDIE BAND (UK): A banda británica Mitch Laddie Band presenta o seu último traballo, “Faith and Other Bad Habits”, un álbum cheo de conmoción, medos, blues e rock, o seu son característico. Tras unhas xiras incribles e actuacións extraordinarias por España en xiras anteriores (en particular, actuacións destacadas no Festival Internacional de Blues de Cáceres e no Festival de Blues de Cerdanyola), a banda lanzou numerosos álbums aclamados pola crítica. O seu álbum “Incendio Puentes” foi elixido como “Mellor Álbum de Blues de 2012” pola revista Blues & Alma. Tras o éxito comercial de “Incendio Puentes”, a banda lanzou o álbum en directo “Ao Vivo en Concierto”. Crudo y cheo de enerxia este “Power Trio” Britanico pondra el punto de Rock Blues pesado no escenario.

NICO & THE BLUEBIRDS (Portugal) : Músico dende 1996 e director dende 2005, Nico Guedes presenta o seu novo álbum de temas inéditos cos Bluebirds,o trixésimo álbum da súa carreira -> “Thank You”, mentres prepara a realización dunha película inspirada neste disco. Nico & the Bluebirds amosan o lado Soul e R&B de Nico Guedes, que se senta á batería para cantar as cancións que arranxou con João Luzia (guitarra), Guilherme Minnemann (teclados) e Tiago Guerra (baixo). Nun concerto cheo de paz e amor para compartir co público, os Bluebirds son capaces de contar unha historia de principio a fin do espectáculo, cunha actuación tan emocionante como explosiva a ritmo de Soul & Funk.

LAYUCA (Cuba-Galicia) : Formado hai só tres anos na provincia de Pontevedra, este fantástico quinteto de músicos cubanos e gallegos desata ritmos latinos funk no escenario, facendo imposible que o público non baile. Liderados por Reynier Aldana, un talentoso baixista e cantante, con letras apaixonadas, harmonías meticulosamente elaboradas e un son funk de vangarda, LAYUCA está a labrarse un oco na escena musical a través da súa calidade e enerxía no escenario.

THE TRIPLETS (Galicia) : De Vigo, tres músicos destacados da escena blues da cidade uníronse hai só dous anos para formar unha fantástica banda de rock and roll dos anos 50, chea de diversión e enerxía. Diego, Fiz Novoa e Pisca nun trío xenial.

BLUE MONDAYS (Galicia): A sesión vermú no paseo marítimo de Panxon estará amenizada polo animado blues dos Blue Mondays. Este quinteto de músicos, con base en Vigo, revisitará o repertorio clásico do blues. A talentosa Laura Taka estará á voz, sorprendendo ao público cos seus arranxos de trombón. Unha boa maneira de comezar o Festival e quentar motores para as sesións da tarde e da noite.

Comparte este artigo