Home Pontevedra Caldas A Secretaría Xeral para o Deporte e o concello de Valga asinan...

A Secretaría Xeral para o Deporte e o concello de Valga asinan o convenio para as obras do pavillón de Beiro por importe de 80.000 euros

- Anuncio -

 Dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021, 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta mañá o Concello de Valga para asinar, xunto ao seu alcalde, José María Bello Maneiro, o convenio de colaboración para acometer as obras de pintado de estrutura metálica no pavillón de Beiro, unha instalación municipal referente en canto a volume de utilización por parte da veciñanza.

A intervención terá un orzamento total de preto de 80.000 euros (79.525,68 euros) que serán financiados pola Secretaría Xeral para o Deporte nunha porcentaxe próxima ao 82% (65.000,08 euros) e polo concello no restante 18% (14.525,60 euros).

O secretario xeral asegurou a importancia deste tipo de actuacións para a dinamización da actividade deportiva en concellos como o de Valga, que conta cunha poboación de preto de 6.000 persoas. Neste sentido, destacou que a Xunta leva anos realizando unha forte aposta por mellorar e renovar as instalacións deportivas galegas para que os cidadáns e cidadás galegos e galegas poidan practicar actividade física nas mellores condicións.

En total, dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

Publicacións Relacionadas