O concelleiro Antonio Traba presentou esta mañá xunto con Xesta Natura unha nova edición da Carreira de Orientación que terá lugar o 01 de agosto ás 21.00 horas na Finca de Briz e que xa leva máis de 200 persoas inscritas e que aínda terá abertas as prazas ata mañá inclusive, a través da web www.xestanatureza.com.
Pode participarse en solitario ou en grupo e haberá distintos niveis en función da idade.

