Máis oportunidades, prezos irrenunciables e a mellor música nas rúas Oriente e Esperanza os días 7 e 8 de agosto
Prepárate para vivir a mellor experiencia de compras do verán sen saír de Ponteareas, os vindeiros venres 7 e sábado 8 de agosto, as emblemáticas rúas Oriente e Esperanza transformaranse nun gran escaparate ao aire libre para acoller a agardada feira de oportunidades “OuleTea”.
É o momento perfecto para apostar polo comercio de proximidade: ese que te atende coa mellor das sorrisos, entende o que precisas e garante sempre a máxima calidade. Durante estas dúas xornadas, os establecementos locais sacan os seus mellores produtos á rúa con descontos directos e prezos irrepetibles para liquidar o stock de temporada. Moda, calzado, complementos e moito máis, todo ao teu alcance e ao mellor prezo do Condado.
“O OuleTea é a escusa perfecta para redescubrir o valor do noso comercio local. Queremos que Ponteareas sexa o epicentro das compras de toda a comarca, ofrecendo calidade, prezos sen competencia e unha experiencia de compra única”, destaca Ricardo González, concelleiro de Comercio.
Organiza a túa ruta de compras
Para que goces ao máximo sen présas e aproveites as horas de mellor temperatura, adaptamos os horarios ao teu ritmo: o venres 7 de agosto dende as 20:00 ás 24:00 horas. E o sábado, 8 de agosto, en horario de 09:00 a 15:00 horas. As xornadas de shopping estarán acompañada polo mellor ritmo grazas á programación urbana de “The Jazz Street”, que encherá as rúas de música en directo, boa atmosfera e animación.
O vindeiro fin de semana, vive a vila, apoia a quen impulsa a nosa economía e goza do mellor do comercio local, visitando OuleTea.

