A sala da Capitanía Marítima de Baiona acolleu onte a presentación oficial do libro do escritor, xornalista e columnista do Mundo e ABC Pedro G. Cuartango.
A convocatoria congregou a un gran número de persoas que asistiron a esta cita literaria enmarcada na programación cultural do Baiverán 2026.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, agradece ao autor que elixise Baiona como protagonista do seu novo libro e por compartir o mesmo nesta cita na vila; así como a presenza do público nesta cita cultural.
No transcurso do acto, o autor compartiu co público o sentido e obxectivos deste libro: Unha recompilación en 23 capítulos, que recolle as vivencias, experiencias e anécdotas que cada agosto, desde o ano 2012, cunha filosofía e mestría creativa, redactada por Cuartango.
Máis dunha vintena de artigos que nos ofrecen a oportunidade de descubrir Baiona desde outro prisma, desde a mirada, o enxeño e o sentimento nostálxico do escritor. O libro vai acompañado de fotografías de lenzos coloristas do artista cangués Raúl Velloso, que complementan á perfección con enerxía, música e ritmo esta obra que edita o Concello de Baiona para o desfrute de todos os amantes da lectura, coa colaboración inestimable da empresa líder en xestión da auga, GESTAGUA.

