A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitará a Guarda os días 28 e 29 de agosto

Redacción
  • A unidade móbil instalarase na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural, o venres 28 e o sábado 29 de agosto
  • O venres atenderán en horario de 10:15 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas, mentres que o sábado só atenderán en horario de mañá, de 10:15 a 14:30 horas

A Guarda, 25 de agosto do 2026-  A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) volverá visitar A Guarda esta semana para facilitar á veciñanza a doazón de sangue, un xesto solidario e imprescindible para garantir a atención sanitaria e contribuír a salvar vidas.       

A unidade móbil estará instalada na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural, durante o venres 28 e o sábado 29 de agosto. O venres atenderá ás persoas doantes en horario de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas, mentres que o sábado estará dispoñible de 10:15 a 14:30 horas.  

ADOS lembra a importancia de manter as doazóns tamén durante os meses de verán, cando as reservas de sangue poden verse afectadas polos desprazamentos e os cambios nos hábitos da poboación, mentres que as necesidades hospitalarias continúan sendo constantes.      

Para poder doar é preciso ser maior de idade, pesar máis de 50 quilogramos e atoparse nun bo estado de saúde. As persoas doantes deberán acudir provistas do DNI ou dun documento identificativo.         

Así mesmo, recoméndase acudir despois de almorzar ou, no caso de realizar a doazón pola tarde, deixar transcorrer polo menos dúas horas dende o xantar. As persoas que estean a tomar algún medicamento deberán informar ao persoal sanitario antes da doazón.

Comparte este artigo